Marie Under

poetisa estoniana

Marie Under, nada en Talín o 27 de marzo 1883 e finada en Estocolmo o 25 de setembro 1980, foi unha poetisa estoniana.

Infotaula de personaMarie Under

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1883 Editar o valor em Wikidata
Talín, Estonia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSkogskyrkogården Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Estonia
Suecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , tradutora , arquiveira , escritora Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua estoniana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeArtur Adson (pt) Traducir (1924–1977), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 55d55082-629b-4f05-baed-663e3a53be27 Discogs: 550431 WikiTree: Under-2 Editar o valor em Wikidata
Marie Under en 1903.

Infancia e educación editar

Na súa xuventude, Under estudou nunha escola alemá para rapazas. Tralo seu grao, traballou como vendedora nunha librería. No seu tempo libre, escribía poesía en alemán. En 1902, casou con Carl Hacker, un contable estoniano. A parella tivo dous fillos e viviu en Kutshino, arrabalde de Moscova. Porén, en 1904, namorouse do artista estoniano Ants Laikmaa. Laikmaa foi quen a convenceu para que traducise as súas poesías á lingua estoniana, enviándoas posteriormente para seren publicadas en xornais locais.

Volta a Estonia editar

En 1906, Under volveu a Talín. En 1913, coñeceu a Artur Adson, quen se converteu no seu secretario. El foi quen recompilou por primeira vez as súas escolmas de poemas e as publicou nunha serie de volumes. En 1924, Under divorciouse de Carl Hacker e casou con Adson.

Emigración editar

A comezos do mes de setembro de 1944, a URSS ocupou a Estonia independente. Under e a súa familia víronse obrigados a emigraren a Suecia. Alá, pasaron preto dun ano nun campo de refuxiados. Un ano despois, en 1945, a familia mudouse a Mälarhöjden, suburbio de Estocolmo, Suecia, onde Under viviu ata a súa morte, o 25 de setembro de 1980. A escritora atópase soterrada no cemiterio de Estocolmo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Kiin, Sirje (2000). "Marie Under". ELM: Estonian Literary Magazine (en inglés) (11). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2002. Consultado o 28 de maio de 2008.