Marie-Rose Armesto

xornalista belga

Marie-Rose Armesto, nada o 19 de marzo de 1960 no Saviñao e finada o 23 de xaneiro de 2007, foi unha xornalista belga de orixe galega.

Infotaula de personaMarie-Rose Armesto
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1960 Editar o valor em Wikidata
O Saviñao, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cando tiña 8 anos emigrou coa súa familia a Bélxica.[1] Estudou a carreira de xornalismo na Universidade Libre de Bruxelas e, en 1982, comezou a traballar na radio na cadea Radio Contact . En setembro de 1987, uniuse a RTL-TVI, na que chegou a ser reporteira xefe xunto con Jean-Pierre Martin con que casou en 1984.

Como reporteira da cadea viaxou por todo o mundo: Alxeria, Bosnia, Afganistán, Ruanda, Chechenia ou Albania.

Foi unha muller comprometida que, en xullo de 1995, trala caída de Srebenica e o asedio de Saraievo, no conflito de Bosnia, organizou unha cadea humana arredor do edificio Berlaymont, sé da Comisión Europea, para denuncia-la pasividade dos europeos fronte a guerra e a limpeza étnica en Bosnia-Hercegovina.[1] Tamén prestou atención á difícil situación dos desaparecidos en Chile e ás vítimas do xenocidio en Ruanda. Tamén caracterizou ao terrorismo de inspiración islámica como un novo fascismo.[2]

Participou no lanzamento de Reporteiros sen fronteiras, e entrevistou a figuras internacionais como Laura Bush ou Fidel Castro.[3]

En 2002, publicou Son mari a tué Massoud, un libro baseado nunha entrevista coa esposa dun dos asasinos do caudillo afgán Ahmad Shah Massoud.[1]

Faleceu de cancro aos 46 anos. En 2012, RTL creou tres bolsas co seu nome para estudantes de xornalismo.[4]

Obra editar

  • Son mari a tué Massoud. Col. Essais Document (en francés). Paris: Editions Balland. 2002. ISBN 2715814186. 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Ly., Bs.; Ly., Ch. (24-01-2007). "C'était une grande dame du reportage". lalibre.be. Consultado o 19-08-2018. 
  2. Claude, Moniquet; Etienne, Genovefa. "Une amie s'en est allée". ESISC. Consultado o 19-08-2018. 
  3. Van Gorp, Jean-Pierre (27-06-2007). "Portrait : Marie-Rose Armesto". jeanpierrevangorp.info. Consultado o 20-08-2018. 
  4. "“Marie-Rose n’était pas une journaliste comme les autres”". dhnet.be. 06-06-2012. Consultado o 19-08-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar