Mariano Veloy García

futbolista español

Mariano Veloy García, nado na Coruña o 17 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 3 de febreiro de 1988, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Veloy
Información persoal
Nome Mariano Veloy García
Nacemento 17 de maio de 1923
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 3 de febreiro de 1988
Lugar de falecemento Barcelona
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Xuvenil
1943–1954 Espanyol 116 (4)
1954–1955 Real Avilés
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira no equipo da Fábrica de Armas, fundado por Rodrigo García Vizoso na Coruña. Cando militaba no equipo herculino, un patrón de pesca propúxolle facer unha proba no Espanyol, trala que asinou un contrato de cinco tempadas co club catalán, aínda que a súa estancia cos periquitos acrecentaríase ata un total de once tempadas[1]. Con eles participaría en partidos históricos para o club, coma a goleada acadada en Sarrià por 6-0 fronte ó Fútbol Club Barcelona[2]. Despois do seu paso polo Espanyol, xogou unha tempada no Real Avilés. Trala súa retirada, estabeleceuse en Barcelona, onde viviu ata a súa morte[3].

Notas editar

  1. "Todavía no he perdido las ilusiones de jugar en el Deportivo". La Noche del lunes (suplemento deportivo) (en castelán). 16 de maio de 1955. p. 3. 
  2. "Español, 6 - Barcelona, 0". La Noche del lunes (suplemento deportivo) (en castelán). 16 de abril de 1951. p. 3. 
  3. "Mariano Veloy García". La Vanguardia nº 38.123 (en castelán). 4 de febreiro de 1988. p. 20. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar