Abrir o menú principal

Marian Keyes, nada en Limerick o 10 de setembro de 1963, é unha popular escritora e columnista irlandesa.

Marian Keyes
Nacemento10 de setembro de 1963
 Limerick
NacionalidadeIrlanda
Alma máterUniversidade de Dublin
Ocupaciónescritora e poeta avogado
Coñecido/a porLucy Sullivan Is Getting Married
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Marian Keyes criouse en Dublín. Graduouse en Dereito na University College de Dublín e logo deulle “un bo uso” ao título marchando a Londres a traballar como camareira. Estivo traballando como contable cando comezou a escribir pequenas historias sen intención ningunha de escribir unha novela (“levaríalle moito tempo”). Enviou varios manuscritos a unha editorial, que logo de botar unha ollada aos seus escritos decidiron publicar Claire queda soa; así naceu a súa carreira como escritora. Marian Keyes recuperouse do seu alcoholismo, unha das tantas experiencias das que se serve para escribir sobre temas tan duros e de actualidade como a infidelidade, o divorcio, a adicción ás drogas ou a perda dun ser querido.

Está considerada como unha das creadoras da “literatura para mulleres”. A primeira novela de Keyes, Claire queda soa (Watermelon), publicouse en Irlanda no ano 1995. Desde entón leva publicado sete novelas máis e dúas coleccións de literatura non de ficción. As vendas dos seus libros chegan xa os 15 millóns de copias e foron traducidas a 30 idiomas distintos.

Actualmente Marian vive co seu marido, Tony, en Dublín, despois de volver de Londres en 1997.