Maria Ressa

xornalista filipina


María Angelita Delfín Aycardo, coñecida como Maria Ressa, nada en Manila o 2 de outubro de 1963 e criada en Nova Jersey,[1] é unha xornalista filipina-estadounidense. Traballou case dúas décadas de reporteira de investigación no sueste asiático para a CNN.[2] É cofundadora e CEO de Rappler.[3]

Infotaula de personaMaria Ressa
Nome orixinal(en) Maria Angelita Ressa Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoMaria Angelita Delfin Aycardo
2 de outubro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Manila, Filipinas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFilipinas
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton
Toms River Festival (pt) Traducir
University of the Philippines Diliman (en) Traducir
St. Scholastica's College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo e xornalismo de investigación Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Manila Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , editora colaboradora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorNalle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua tagala Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado pordifamação (pt) Traducir (2020) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmariaressa.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: mariaressa Twitter: mariaressa LinkedIn: maria-ressa-473166 Editar o valor em Wikidata

Foi nomeada por Time ''Person of the Year 2018" presentando un grupo de xornalistas que combaten fake news (novas falsas).[4] En febreiro de 2019, foi arrestada en Filipinas acusada de publicar unha nova falsa sobre o empresario Wilfredo Keng. En de xuño de 2020, un tribunal declarouna culpable de ciberlibelo (cyberlibel)[5][6] coa controvertida lei contra o cibercrime (Anti-Cybercrime law),[7][8] medida condenada por grupos de dereitos humanos como un ataque á liberdade de prensa.[9] [10] Destacada crítica do presidente Duterte, a súa condena foi vista por moitos como un acto de motivación política.[11] [12] Ressa é unha das 25 figuras destacadas na Comisión de Información e Democracia de Reporteiros Sen Fronteiras.[13] Recibiu o Nobel da Paz en 2021 xunto a Dmitry Muratov.[14] [15] [16]

Traxectoria editar

Vida temperá editar

Maria Ressa creceu falando tagalo e estudou no St. Scholastica's College de Manila. O seu pai, o chinés-filipino Phil S. Aycardo, morreu tendo ela un ano. A súa nai Hermelina trasladouse aos Estados Unidos, deixando as fillas coa familia do pai, pero visitándoas con frecuencia;[17] casou cun italo-americano chamado Peter Ames Ressa e regresou a Filipinas, mudándose a Nova Jersey cando Ressa tiña dez anos. A nena, adoptada polo padrasto, tomou o seu apelido[18] e tivo que aprender a lingua inglesa. No bacharelato destacou como membro do Sindicato de Teatro e do consello de estudantes. Ela explicou a súa experiencia así:

Aterrei en Nova Jersey, onde apenas podía falar inglés, e tiven que descubrir o que ía facer unha nena baixiña e de pel escura neste gran mundo branco.

[19]

Carreira editar

Estudou en Princeton, graduada cum laude en 1986.[20] Completou unha tese titulada Sagittarius[21] e recibiu unha bolsa Fulbright para estudar teatro político na Universidade de Filipinas Diliman, onde despois foi docente.[22]

O primeiro traballo de Ressa foi na estación PTV 4.[23] Logo cofundou a produtora independente Probe en 1987 e serviu como xefa da CNN en Manila até 1995 e a de Iakarta de 1995 a 2005.[24] Como xornalista de investigación da CNN en Asia, especializouse en redes terroristas.[25] Converteuse en autora residente no Centro Internacional de Investigación sobre Violencia Política e Terrorismo (ICPVTR) da Escola de Estudos Internacionais S. Rajaratnam da Universidade Tecnolóxica de Nanyang en Singapur.[26]

 
Ressa realiza unha entrevista co ex presidente filipino Benigno Aquino III no Palacio de Malacañang, o 7 de xuño de 2016

Desde 2004, Ressa dirixiu a división de noticias de ABS-CBN, mentres tamén escribía para CNN, e The Wall Street Journal. En setembro de 2010, escribiu un artigo para WSJ criticando como o entón presidente Beningno Aquino III manexou a crise dos reféns dos autobuses.[27] Esa peza publicouse dúas semanas antes da visita oficial do presidente aos Estados Unidos. Ressa abandonou a empresa en 2010.[28] [29] [30]

Maria Ressa é bolseira da Iniciativa sobre Economía Dixital do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e Joan Shorenstein en 2021 no Shorenstein Center on Media, Politics and Public Policy e Hauser Leader no Center for Public Leadership da Harvard Kennedy School.[31]

Docencia editar

Ressa tamén impartiu cursos de política e prensa no sueste asiático para a Universidade de Princeton, e de xornalismo para a Universidade de Diliman de Filipinas.[32]

Rappler editar

Maria Ressa cofundou o sitio Rappler en 2012. Inicialmente comezou como unha páxina no Facebook chamada MovePH en agosto de 2011,[33] que evolucionou a unha web o 1 de xaneiro de 2012.[34] O sitio converteuse nun dos primeiros noticiarios multimedia filipinos e nun importante portal de noticias, recibindo premios locais e internacionais. Ressa traballa como editora e directora executiva do sitio web de noticias.[35]

Xunta de supervisión de contido real editar

En setembro de 2020, Ressa converteuse nun dos 25 membros do Real Facebook Oversight Board, un grupo de control independente establecido para ofrecer comentarios públicos sobre as políticas de moderación de contido de Facebook e o papel na vida cívica.[36]

Consello de Redes Sociais Responsables editar

En outubro de 2022, Ressa uniuse ao proxecto Council for Responsible Social Media lanzado por Issue One para abordar os impactos negativos sobre a saúde mental, cívica e pública das redes sociais nos Estados Unidos, xunto ao demócrata Dick Gephardt e o ex-Lieutenant Governor de Massachussetts Kerry Healey.[37] [38]

Cuestións legais editar

Ressa entrevistou por primeira vez a Duterte, o 16º presidente de Filipinas, na década de 1980 sendo alcalde de Davao. Volveu entrevistalo en 2015 na campaña electoral, onde confesou ter matado a tres persoas.[39] [40] Rappler criticou os abusos policiais afirmando que estaban a ser realizados coa aprobación de Duterte. O sitio web baixo a súa dirección escribiu sobre o suposto "exército troll" pro-Duterte en Internet que, segundo o artigo, estaba a lanzar fake news, manipulando arredor da presidencia.[41]

En xullo de 2017, no seu discurso sobre o estado da nación, Duterte declarou que Rappler era "completamente propiedade" dos estadounidenses e violaba a constitución. Tamén dixo: "Non só as noticias de Rappler son falsas, senón que ser filipina tamén é falsa". En agosto de 2017, a comisión de valores e cambio de Filipinas (SEC) iniciou unha investigación contra Rappler. En xaneiro de 2018, revogou a súa licenza para facer negocios.[42] O caso foi ao tribunal de apelacións e remitido á SEC.[43] [44] Duterte díxolle a un xornalista de Rappler en 2018: "Se estás intentando tirarnos o lixo, entón o mínimo que podemos facer é explicalo: e ti? Ti tamén estás limpo?".[45]

Detención e condena editar

 
Ressa co director rexional de FLAG Manila e asesor xurídico persoal. Ted Te

En 2018, Ressa compareceu ante a Oficina Nacional de Investigación de Filipinas por unha denuncia por difamación baixo a Lei do Cibercrime de 2012, que a administración de Duterte utilizou para castigar as críticas.[46] [47] A citación fora presentada en 2017 despois de que Rappler publicase un artigo sobre a cesión de W. Keng do seu vehículo deportivo ao xa falecido xuíz R. Corona como unha forma de suborno.[48] Aínda que o artigo foi escrito antes da lei de ciberdifamación, o Departamento de Xustiza considerou que se volveu publicar despois de corrixir unha gralla en 2014.[49] En 2019, os avogados de dereitos humanos Amal Clooney, Caoilfhionn Gallagher e Can Yeginsu uníronse ao equipo legal (formado por avogados internacionais e filipinos) que defende a Ressa.[50] O Free Legal Assistance Group (FLAG), principal despacho de avogados de dereitos humanos de Filipinas, dirixido por "Ted" O. Te, dirixiu o equipo legal de Ressa nos seus diferentes casos.[51]

En novembro de 2018, o goberno filipino acusou á empresa matriz Rappler Holdings Corporation, por evasión fiscal.[52] O cargo refírese ao investimento en Rappler da Rede Omidyar en 2015.[53] Ressa negou o feito delictivo,[54] afirmando orixinalmente que o diñeiro estranxeiro foi "doado" aos seus xestores, afirmando que os investimentos foron en forma de valores.[55] Rappler emitiu un comunicado negando o delito.[56] A Oficina de Impostos Internos de Filipinas, tras un estudo da explicación, determinou que a emisión de Rappler de ganancias de capital xeradas por valores era tributable. Concluíu que Rappler eludiu o pago por importe de 133 ₱ millóns en impostos.[55]

O 13 de febreiro de 2019, a xuíza Rainelda E. Montesa do Tribunal Rexional de Manila emitiu a orde de arresto por "ciberdifamación" contra Ressa por un artigo de Rappler. A lei aprobouse despois de que o artigo fose publicado orixinalmente, pero a acusación baseouse en que corrixir un erro tipográfico considérase "republicar".[57] A detención foi transmitida en directo por xornalistas de Rappler en Facebook.[58]

Polas limitacións de tempo, Ressa non puido pagar a fianza por valor de ₱ 60.000 ($1.150), o que resultou na súa detención e reclusión. Un total de seis avogados foron asignados para traballar no seu caso. O 14 de febreiro de 2019, no proceso executor da xuíza da cidade de Manila, Maria Teresa Abadilla, Ressa gañou a liberdade ao pagar unha fianza de 100.000 ₱ ($1.900).[59] A detención provocou críticas internacionais, pero o portavoz do Palacio de Malacañang negou a implicación do goberno, alegando que a demanda contra Ressa foi presentada por un particular, o demandante W. Keng.[60]


Madeleine Albright, exsecretaria de Estado dos Estados Unidos, emitiu unha opinión na que afirma que a detención "debe ser condenada por todas as nacións democráticas".[61] A Unión de Xornalistas de Filipinas cualificouno de "un acto descarado de persecución por parte dun goberno matón".[62] O Club Nacional de Prensa, acusado de vínculos con Duterte, afirmou que a detención non foi acoso, e que Ressa non debe ser elevada "ao altar da liberdade de prensa" polo martirio, e advertiu contra a politización do tema.[63]


O xuízo comezou en xullo de 2019. O primeiro día do seu xuízo, Ressa declarou: "Este caso de ciberdifamación estira o estado de dereito até romper".[64]

Maria Ressa foi declarada culpable o 15 de xuño de 2020.[65] Na súa sentenza, a xuíza argumentou que Rappler "non ofreceu nin un escintil de proba de que verificasen as imputacións de diversos delitos no artigo impugnado... Simplemente publicáronos como noticia sen ter en conta se son falsos ou non".[66] A xuíza tamén citou a Mandela, dicindo: "Ser libre non é só desprenderse das cadeas, senón vivir dun xeito que respecte e potencie a liberdade dos demais". Sheila Coronel, da Universidade Columbia, argumentou que a condena é representativa de "como morre a democracia no século XXI".[67]

Ressa enfrontouse a penas de entre seis meses e seis anos de prisión e unha multa de 400.000 ₱ ($8.000).[49] Advertiu de que a súa condena podería augurar o fin da liberdade de prensa en Filipinas.[68] O portavoz presidencial, Harry Roque, pediu aos medios que "respecten a decisión" e dixo que o presidente Duterte estaba comprometido coa liberdade de expresión. A nivel internacional, a sentenza foi criticada por Human Rights Watch,[69] Amnistía Internacional[70] e Reporteiros Sen Fronteiras, que cualificou o proceso de kafkiano.[71]

En xaneiro de 2023, un tribunal filipino absolveu a Ressa e Rappler de evasión fiscal, derivada do caso de 2018.[72] Un caso fiscal segue pendente no Tribunal Rexional de Pasig.[73]

Premios e recoñecementos editar

 
Ressa gañando o Premio de Libre Expresión 2018 do Centro Tully

Ressa gañou un momeamento aos Emmy por Outstanding Investigative Journalism, os Asian Television Awards, TOWNS – Ten Outstanding Women in the Nation's Service e TOYM Philippines.[74] [75]

  • En 2010, Esquire nomeou a Ressa no "Sexiest Women Alive", explicando: "A pesar do seu tamaño, o suficientemente intrépida como para escribir unha testemuña presencial de Al-Qaeda".[76]
  • En 2015, o Philippine Movie Press Club outorgoulle o premio á excelencia.[77]
  • En 2016, foi catalogada como unha das oito líderes máis influentes de Filipinas por Kalibrr.[78]
  • En 2017, aceptou o Premio Democracia de 2017 outorgado polo NDI a tres organizacións en Washington, D.C.[79]
  • En maio de 2018, recibiu os Knight International Journalism Awards.[80]
  • En xuño de 2018, recibiu o premio Golden Pen of Freedom da Wold Association of Newspapers.[81]
  • En novembro de 2018, o Comité para a Protección dos Xornalistas concedeu a Ressa o Premio Gwen Ifill de Liberdade de Prensa en "recoñecemento á súa valentía xornalística ante o persistente acoso oficial".[82]
  • En decembro de 2018, foi chamada "Guardian" no "Person of the Year" por Time,[83] a segunda filipina que recibe o título despois de Corazón Aquino.
  • En febreiro de 2019, Ressa recibiu o Premio de Dereitos Humanos Ka Pepe Diokno xunto co bispo Ambo David da Facultade de Dereito de Tañada-Diokno da Universidade De La Salle e da Fundación Jose W. Diokno.[84]
  • En abril de 2019, foi incluída nas 100 persoas máis influentes do mundo por Time.
  • En maio de 2019, gañou o Columbia Journalism Award da Graduate School of Journalism da Columbia University.[85]
  • En xuño de 2019, recibiu a honra Tribute da Canadian Journalism Foundation, que recoñece a un xornalista con impacto no escenario internacional.[86]
  • En outubro de 2019, Ressa foi nomeada na lista 100 Women da BBC.[87]
  • En abril de 2021, gañou o Premio Mundial de Liberdade de Prensa UNESCO/Guillermo Cano.[88]
  • En novembro de 2022, recibiu un honoris causa da Universidade MacEwan de Edmonton, Alberta, Canadá.[89]

Premio Nobel da Paz editar

 
Os premios Nobel Maria Ressa e Muratov.

Ressa foi nomeada para o Nobel da Paz 2021 polo primeiro ministro e líder laborista noruegués Jonas Gahr Støre.[90] [91] En outubro dese ano, Ressa foi anunciada como o destinatario do premio xunto a Dmitry Muratov de Rusia. Entregáronlles o premio "polos seus esforzos para salvagardar a liberdade de expresión, que é unha condición previa para a democracia e a paz duradeira".[92] Ressa e Muratov son os primeiros xornalistas desde 1935 en recibir o Premio Nobel da Paz.[93]

Vida persoal editar

Ressa é abertamente lesbiana.[94]

Obras editar

É autora de tres libros sobre o aumento do terrorismo no sueste asiático.[95]

  • Seeds of Terror: An Eyewitness Account of Al-Qaeda's Newest Center of Operations in Southeast Asia. 2003. ISBN 978-0743251334. 
  • From Bin Laden to Facebook: 10 Days of Abduction, 10 Years of Terrorism (2013).[96]
  • How to Stand Up to a Dictator: The Fight for Our Future. 2022. ISBN 978-0063257511. 

Notas editar

  1. "The Nobel Peace Prize 2021". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  2. News, NICOLE-ANNE C. LAGRIMAS, GMA. "Rappler CEO Maria Ressa arrested for cyber libel". GMA News Online (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  3. "Democracy as we know it is dead ; www.cbc.ca" (en inglés). 
  4. Oglesby, Amanda. "TIME person of the year, from Toms River, to trigger Time Square ball drop". Asbury Park Press (en inglés). Consultado o 2023-02-24. 
  5. Ratcliffe, Rebecca; correspondent, Rebecca Ratcliffe South-east Asia (2020-06-15). "Journalist Maria Ressa found guilty of 'cyberlibel' in Philippines". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-02-22. 
  6. Regencia, Ted. "Maria Ressa found guilty in blow to Philippines’ press freedom". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  7. "Ressa verdict 'a method of silencing dissent' – DW – 06/15/2020". dw.com (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  8. "Philippine cybercrime law takes effect amid protests". BBC News (en inglés). 2012-10-03. Consultado o 2023-02-22. 
  9. Bureau, INQUIRER NET U. S.; rciriacruz (2020-06-17). "US Senators Durbin, Markey, Leahy slam Ressa libel verdict". INQUIRER.net USA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2020. Consultado o 2023-02-25. 
  10. "Maria-Ressa-rappler-filipino-american-journalist-guilty-cyber-libel-prison". The Washington Post. 
  11. Gonzales, Cathrine (2020-06-15). "Robredo: Ressa’s cyber libel conviction a threat to Filipinos’ freedom". INQUIRER.net (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  12. Auto, Hermes (2020-06-15). "Court finds prominent Philippine journalist and Duterte critic Maria Ressa guilty of cyber-libel". The Straits Times ; www.straitstimes.com (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  13. "Maria A. Ressa". RSF.org (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  14. "What you need to know: Filipinos and the Nobel Peace Prize". RAPPLER (en inglés). 2021-10-09. Consultado o 2023-02-22. 
  15. "The Nobel Peace Prize 2021". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  16. "Hektisk nomineringsaktivitet før fredsprisfrist – her er noen av de nominerte". Dagsavisen (en noruegués). Consultado o 2023-02-22. 
  17. "Manuel Phil III S. Aycardo". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  18. verafiles (2021-10-27). "When fake news made Maria Ressa an ‘Indonesian citizen’". VERA Files (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  19. "Maria Ressa". thesmartlocal.ph. 
  20. "Q&A with Maria Ressa ’86, Filipina journalist and Time 2018 Person of the Year". The Princetonian. Consultado o 2023-02-24. 
  21. Ressa, Mariua Angelita (1986). "Sagittarius". 
  22. "Maria Ressa". World Economic Forum (en inglés). 
  23. "CNN Programs - Anchors/Reporters - Maria Ressa". edition.cnn.com. Consultado o 2023-02-22. 
  24. "Maria A. Ressa". RSF.org (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  25. "articleId=276203". philstar.com ; The Philippine STAR. 
  26. "Maria Ressa Invited To Author A Book On The Asian Terrorism Threat" (PDF). PVTR.org. 
  27. "'Confluence of events' leads Philippine journalist Ressa to 'move on'". www.tmcnet.com. Consultado o 2023-02-24. 
  28. "Maria-Ressa's-letter-ABC-CBN-News-and-current-affairs-team" (en inglés). 
  29. "Changes-abs-cbn-what-maria-ressa-leaves-behind". ABS-CBN News (en inglés). 
  30. "'Confluence of events' leads Philippine journalist Ressa to 'move on'". www.tmcnet.com. Consultado o 2023-02-22. 
  31. Writer, Alvin Powell Harvard Staff (2021-10-08). "Journalist and Kennedy School fellow Maria Ressa awarded Nobel Peace Prize". Harvard Gazette (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  32. "Maria Ressa". International Center for Journalists (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  33. "RapplerDotCom". Facebook. Consultado o 2023-02-22. 
  34. "RAPPLER ; Philippine & World News ; Investigative Journalism ; Data ; Civic Engagement ; Public Interest". RAPPLER (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  35. Ellis-Petersen, Hannah; Ratcliffe, Rebecca (2020-06-15). "Maria Ressa: everything you need to know about the Rappler editor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-02-25. 
  36. "While Facebook works to create an oversight board, industry experts formed their own". NBC News (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  37. Feiner, Lauren. "Facebook whistleblower, former defense and intel officials form group to fix social media". CNBC (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  38. "Council for Responsible Social Media". Issue One (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  39. "Maria Ressa: The celebrated Philippine news boss enraging Duterte". BBC News (en inglés). 2020-06-15. Consultado o 2023-02-22. 
  40. "Duterte, his 6 contradictions and planned dictatorship". RAPPLER (en inglés). 2015-10-26. Consultado o 2023-02-22. 
  41. Ellis-Petersen, Hannah; Ratcliffe, Rebecca (2020-06-15). "Maria Ressa: everything you need to know about the Rappler editor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-02-25. 
  42. "SEC cancels Rappler's license to do business". cnn (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-25. 
  43. Ellis-Petersen, Hannah; Ratcliffe, Rebecca (2020-06-15). "Maria Ressa: everything you need to know about the Rappler editor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-02-22. 
  44. "Philippine news website Rappler has licence revoked by SEC". BBC News (en inglés). 2018-01-15. Consultado o 2023-02-22. 
  45. "Maria Ressa: The celebrated Philippine news boss enraging Duterte". BBC News (en inglés). 2020-06-15. Consultado o 2023-02-25. 
  46. Marquez, Consuelo (2020-05-14). "Man who called Duterte ‘buang’ on Facebook arrested for cyberlibel". INQUIRER.net (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  47. "DOLE asks Taiwan to deport OFW with Facebook posts criticizing Duterte". RAPPLER (en inglés). 2020-04-25. Consultado o 2023-02-25. 
  48. "Rappler CEO Maria Ressa faces NBI over online libel complaint". cnn (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-25. 
  49. 49,0 49,1 "Maria-Ressa-Rappler-filipino-american-journalist-guilty-cyber-libel-prison". The Washington Post (en inglés). Consultado o 2020. 
  50. "Philippines-Amal-Clooney-to-defend-journalist-Maria-Ressa-in-press-freedom-fight" (en inglés). ISSN 0261-3077. 
  51. "Dismiss cyber libel case vs Maria Ressa, Rappler – Te, FLAG". RAPPLER (en inglés). 2019-02-26. Consultado o 2023-02-25. 
  52. "DOJ orders filing of charges vs. Rappler head, accountant" (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  53. TMT, Jomar Canlas (2018-03-09). "Rappler Holdings charged with tax evasion". The Manila Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-25. 
  54. Stevenson, Alexandra (2018-11-09). "Philippines Says It Will Charge Veteran Journalist Critical of Duterte". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-25. 
  55. 55,0 55,1 Tiglao, Rigoberto D. (2019-02-20). "The truth about Ressa and her vilification of Duterte". The Manila Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-25. 
  56. "Rappler: Tax case clear harassment, has no legal basis". RAPPLER (en inglés). 2018-11-09. Consultado o 2023-02-25. 
  57. "How correcting a typo got Maria into trouble. The Cyberlibel case vs Rappler". news.abs-cbn.com; ABS-CBN (en inglés). 
  58. Auto, Hermes (2019-02-13). "Philippines arrests top journalist and Duterte critic Maria Ressa on libel charge". www.straitstimes.com ; The Straits Times (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  59. "Top-Philippine-journalist-Maria-Ressa-released-on-bail-after-libel-charges" (en inglés). 
  60. "Maria Ressa, head of Philippines news site Rappler, freed on bail". BBC News (en inglés). 2019-02-14. Consultado o 2023-02-25. 
  61. "Maria Ressa, head of Philippines news site Rappler, freed on bail". BBC News (en inglés). 2019-02-14. Consultado o 2023-02-25. 
  62. "Top Philippine journalist and Time person of the year arrested on libel charges". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-02-25. 
  63. Patag, Kristine Joy. "National Press Club: Ressa arrest 'smacks of bad taste,' but not harassment". Philstar.com. Consultado o 2023-02-25. 
  64. "Philippines-libel-trial-of-Maria-Ressa-journalist-critical-of-president-Duterte-begins" (en inglés). ISSN 0261-3077. 
  65. Ratcliffe, Rebecca; correspondent, Rebecca Ratcliffe South-east Asia (2020-06-15). "Journalist Maria Ressa found guilty of 'cyberlibel' in Philippines". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-02-25. 
  66. "Philippine journalist convicted of libel, given 6-year term". AP NEWS (en inglés). 2021-04-20. Consultado o 2023-02-25. 
  67. Coronel, Sheila (2020-06-16). "This Is How Democracy Dies". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  68. Gutierrez, Jason; Stevenson, Alexandra (2020-06-15). "Maria Ressa, Crusading Journalist, Is Convicted in Philippines Libel Case". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-25. 
  69. "Philippines: Rappler Verdict a Blow to Media Freedom". Human Rights Watch (en inglés). 2020-06-15. Consultado o 2023-02-25. 
  70. "Quash Maria Ressa and Rey Santos' conviction in the Philippines". Amnesty International (en inglés). 2020-06-15. Consultado o 2023-02-25. 
  71. "Dismay over Philippine journalist Maria Ressa’s prison sentence". RSF.org (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  72. "Maria Ressa: Philippine journalist cleared of tax evasion". BBC News (en inglés). 2023-01-18. Consultado o 2023-02-25. 
  73. "4 down, 3 to go: Cataloging Maria Ressa’s legal battles in early 2023". International Journalists' Network (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  74. "Untitled Prezi". prezi.com (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  75. "Local female leaders". islandssociety.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  76. "The Sexiest Woman Alive... From Every Country on Earth". Esquire (en inglés). 2010-10-11. Consultado o 2023-02-25. 
  77. "Rappler CEO Maria Ressa gets lifetime achievement award at PMPC Star Awards". RAPPLER (en inglés). 2015-12-03. Consultado o 2023-02-25. 
  78. "8 Most Influential and Powerful Women Leaders - Kalibrr Blog" (en inglés). 2016-03-07. Consultado o 2023-02-25. 
  79. erodriguez (2017-11-02). "2017 Democracy Dinner Explores the Global Threat of Disinformation". www.ndi.org (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  80. "Digital News Trailblazers from the Philippines and Venezuela to Receive Top International Journalism Award". International Center for Journalists (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  81. "Maria-Ressa-executive-editor-of-Rappler-receives-Golden-Pen-of-Freedom" (en inglés). 
  82. "Maria Ressa". Committee to Protect Journalists (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  83. Vick, Karl. "TIME Person of the Year 2018: The Guardians". Time (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  84. "Robredo: Maria Ressa, Bishop David prove human rights worth fighting for". RAPPLER (en inglés). 2019-02-26. Consultado o 2023-02-25. 
  85. "Maria Ressa, Investigative Journalist and CEO of Rappler, To Receive The Columbia Journalism Award". journalism.columbia.edu; Columbia Journalism School. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-25. 
  86. Foundation, Canadian Journalism. "Canadian Journalism Foundation to recognize embattled journalist Maria Ressa with Tribute honour". www.newswire.ca (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  87. "BBC 100 Women 2019: Who is on the list this year?". BBC News (en inglés). 2019-10-15. Consultado o 2023-02-25. 
  88. "Embattled-Philippine-Journalist-Wins-UN". France-Presse. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2021. 
  89. "Nobel Prize laureate and Canadian country music industry builder are MacEwan University honorary doctorate recipients". MacEwan University (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  90. "Flere fredsprisforslag før fristen gikk ut". www.aftenposten.no (en noruegués bokmål). 2021-02-01. Consultado o 2023-02-22. 
  91. "Hektisk nomineringsaktivitet før fredsprisfrist – her er noen av de nominerte". Dagsavisen (en noruegués). Consultado o 2023-02-22. 
  92. "2021; Summary". NobelPrize.org (en inglés). 
  93. "We Will 'Hold the Line': A Year-End Message from FRONTLINE's EP". FRONTLINE (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  94. "Lesbian, Bisexual Scientists Receive Nobel Prizes". www.advocate.com (en inglés). Consultado o 2023-02-22. 
  95. "Seeds of terror : an eyewitness account of Al-Qaeda's newest center of operations in Southeast Asia". WorldCat.org (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  96. From Bin Laden to Facebook: 10 days of abduction, 10 years of terrorism. 2013. ISBN 978-1908979551. OCLC 842932664. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar