Maria Isabel Barreno
Maria Isabel Barreno de Faría Martins, nada en Lisboa o 10 de xullo de 1939 e finada na mesma cidade o 3 de setembro de 2016, foi unha escritora, ensaísta, artista plástica e xornalista portuguesa.[1]
![]() (2021) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1939 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Morte | 3 de setembro de 2016 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Educación | Universidade de Lisboa ![]() |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritora ![]() |
Premios | |
![]() |
Biografía
editarNaceu en Lisboa, na freguesía do Socorro. Os seus pais moraban no Areeiro, onde pasou a súa infancia e adolescencia.Aos 6 anos ficou doente na casa, comezando a ler moito a partir desa altura. Estudou no Colexio do Sagrado Corazón de Maria de Lisboa, onde fixo a primaria até á conclusión do ensino secundario. Entrou na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, onde se licenciou en Ciencias Histórico-Filosóficas.
Despois de se licenciar, foi traballar para o Instituto de Investigación Industrial. O seu labor como investigadora seguiu no Instituto de Opinión Pública (1967-1969) e o Instituto de Estudos para o Desenvolvemento (1983-1988), así como na Unesco (1984- 1985).[2]
A principios da década de 1990, ocupou o poesto de xefa de redacción da edición portuguesa da revista Marie Claire e a partir de 1996 viviu en Francia, onde traballou como coordinadora do ensino do portugués e xornalista e Conselleira Cultural para os Asuntos do Ensino na Embaixada portuguesa en París.[3]
Dedicouse á causa do feminismo tendo feito parte do Movemento Feminista de Portugal xuntamente coas escritoras Maria Teresa Horta e Maria Velho da Costa, as Tres Marias, que publicaron Novas Cartas Portuguesas (1972), obra en que se manifesta unha aberta oposición aos valores femininos tradicionais. Esta publicación claramente antifascista e altamente provocadora para o réxime, levou as súas tres autoras ante un tribunal (proceso con grande impacto internacional[4]), tendo o 25 de Abril interrompido as sancións a que estaban suxeitas as denominadas Tres Marias.[5]
O 8 de marzo de 2004 foi feita Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique.[6]
Obras
editar- Adaptação do Trabalhador de Origem Rural ao Meio Industrial Urbano (1966).
- A Condição da Mulher Portuguesa (1968). Colaboración.
- De Noite as Árvores São Negras (1968). Publicações Europa-América. Novela.
- Os Outros Legítimos Superiores (1970). Caminho, en 1997. Novela, folletín de ficción filosófica.[7]
- Novas Cartas Portuguesas (1971) . Con Maria Teresa Horta e Maria Velho da Costa. En 1998 e 2010, Dom Quixote.
- A Morte da Mãe (1972). Caminho. Novela.
- A Imagem da Mulher na Imprensa (1976). Comissão da Condição Feminina.
- Inventário de Ana (1982). Edições Rolim.
- Contos Analógicos (1983). Edições Rolim.
- Sinos do Universo. A evolução antes da vida (1984). Con Rui Perdigão e Joaquim José Moura Ramos. Difel. Ensaios.
- Contos (1985).
- Célia e Celina (1985). Edições Rolim.
- O Falso Neutro: Um Estudo Sobre a Discriminação Sexual no Ensino (1985). Ensaio.
- O Mundo Sobre O Outro Desbotado (1986). Caminho. Novela.
- O Direito ao Presente: Um Estudo Sobre a Juventude Portuguesa (1988).
- O Falso Neutro (1989). Diversos. Novela.
- Crónica do Tempo (1991). Caminho. Novela.
- O enviado (1991). Caminho. Contos.
- O Chão Salgado (1992). Caminho, en 1997. Novela.
- Os Sensos Incomuns (1993). Caminho. Contos.
- O Senhor das Ilhas (1994). Caminho, en 1998. Novela.
- O Círculo Virtuoso (1996). Caminho. 5 contos.
- As Vésperas Esquecidas (1999). Caminho. Novela.
- Cartilha dos Amores Secretos (2000). Con Luís Carmelo, Urbano Tavares Rodrigues e Clara Pinto Correia. Ed. Notícias. Haberá algún amor que non sexa secreto? Catro autores novelan sobre o tema.
- Um Imaginário Europeu (2000). Caminho. Ensaio sobre a política europea.
- A Ponte (2004). Dom Quixote. Novela que parte da morte dun home nas manifestacións na Ponte 25 de Abril.
- Vozes do Vento (2010). Sextante Editora. Novela sobre unha saga colonial en Cabo Verde.
- Corredores Secretos (2010). Sextante Editora. Son dúas colectáneas de contos.
Premios
editar- 1991: Premio Fernando Namora, por Crónica do Tempo
- 1993: Prémio P.E.N. Clube Português de Ficção, Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco, por Os Sensos Incomuns.
Notas
editar- ↑ "Morreu Maria Isabel Barreno, voz singular da igualdade". Jornal Expresso (en portugués). Consultado o 2020-06-04.
- ↑ Manzanares Ucedo, Marta. "Traducción al español y comentario de la traducción del relato "As Vésperas Esquecidas" de Maria Isabel Barreno" (PDF). ddd.uab.cat/ (en castelán).
- ↑ "Maria Isabel Barreno. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-04.
- ↑ Diario, Nós. "A romancista Maria Velho da Costa ganha o Prémio da Vida da Associação Portuguesa de Escritores". Nós Diario. Consultado o 2020-04-05.
- ↑ "Maria Velho da Costa" (en portugués). 2018-12-01.
- ↑ "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-06-04.
- ↑ Infopédia. "Maria Isabel Barreno - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-05.