Maria Etxabe

Escritora e política vasca.

Maria Etxabe Aldai, nada en Zarautz en 1903 e finada en 1993, foi unha destacada escritora, política e axente cultural. Foi tamén coñecida polo pseudónimo Lau Uxo. En 2017 foi unha das autoras seleccionadas para conmemorar o Día das Escritoras baixo a lema Mulleres, saber e poder.

Infotaula de personaMaria Etxabe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1903 Editar o valor em Wikidata
Zarautz, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de maio de 1993 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Zarautz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , política Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Literaturaren Zubitegia: 916

Traxectoria editar

Fixo a tradución ao éuscaro da peza teatral do sacerdote Salvador Arriola La Virgen de las Angustias, á que puxo de título Itziar'ko Ama.[1] Con iso gañou o certame literario "Juventud" organizado pola Caixa de Aforros Provincial de Guipúscoa. A obra estreouse en Azpeitia o 7 de setembro de 1929.[2]

Formou parte da Emakume Abertzale Batza, asociación nacionalista feminina relacionada co Partido Nacionalista Vasco creada en Bilbao en 1922.[3] Realizou varias conferencias sobre as relacións entre mulleres e homes. Un dos guións das súas conferencias impartida o 30 de abril de 1930 en San Sebastián, foi publicado a título póstumo en 2002 por Olerti Etxea de Zarauz con motivo do Día Internacional de Poesía. O título da conferencia foi Zorionaren ituria gizonak non du?

Escribiu diversos artigos co pseudónimo Lau Uxo.

En 2017 foi unha das autoras seleccionadas con motivo do Día das Escritoras convocado baixo a lema Mulleres, saber e poder cunha lectura de textos na Biblioteca Nacional de España.[4]

Notas editar

  1. "Zarauzko Idazleak - Maria Etxabe - Itziarko Ama". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  2. "Etxabe, María - Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  3. "Emakume Abertzale Batza - Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  4. Biblioteca Nacional de España (20 de xullo de 2017). "Día de las escritoras en la BNE. Mujeres, saber y poder". Consultado o 22 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar