Maria Caccamo Caltabiano

numismática italiana


Maria Caccamo Caltabiano, nada en Giarre, Catania, o 9 de setembro de 1946,[1] é unha numismática italiana especialista na iconografía da moeda da antiga Grecia e da Antiga Roma.

Infotaula de personaMaria Caccamo Caltabiano
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1946
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Italiana
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Lugar de traballo Messina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnumismático , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversity of Messina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarlo Caccamo
Premios
(1994): Premio Literario (AINP).

Traxectoria editar

Maria Caccamo Caltabiano é profesora titular de Numismática Grega e Romana na Universidade de Messina desde 1994,[2] e nesta institución dirixiu o departamento de Estudos Clásicos, entre 1998 e 2004.[1][3][4]

Entre os centros de interese máis salientables das súas investigacións está a iconografía da moeda da Antigüidade, sinaladamente na de Sicilia e a Magna Grecia, na republicana e na provincial romana e nas emisións tolemaicas, entre outras.[4] A este respecto, é a fundadora e directora da serie editorial Semata e Signa. Studi di Iconografia monetale.[1][2]

Para o estudo da iconografía monetaria, Maria cáccamo encabezou a creación do Lexicon Iconographicum Numismaticae Classicae et Mediae Aetatis (LIN),[3] en colaboración coas universidades de Boloña, Xénova e Milán, e baixo o patrocinio do Consello Internacional de Numismática e a Accademia dei Lincei.[1][2]

Entre outros proxectos, foi a promotora e a coordinadora do proxecto internacional de Difusión e Investigación da Moeda Antiga da Área Mediterránea (DRACMA),[3] en colaboración co Museo Numismático de Atenas e co Museo Arqueolóxico de Chipre, e apoiado financeiramente pola Comisión Europea.[1][2]

Caccamo é vicepresidenta do Consello Internacional de Numismática,[5] no seo do cal presidiu o comité organizador do XV Congreso Internacional de Numismática, celebrado en Taormina en 2015.[1][3][6][7] Así mesmo, entre outras entidades é membro da Academia Italiana de Estudos Numismáticos e da Sociedade Numismática Italiana,[4] e forma parte do comité científico do seu órgano de expresión, a Rivista Italiana di Numismatica.[2]

Vida persoal editar

Maria Caccamo Caltabiano está casada co profesor universitario de Física Carlo Caccamo —do que tomou o apelido—, con quen tivo tres fillas e un fillo.[1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Caccamo Caltabiano é autora de máis de 200 artigos e colaboracións en obras conxuntas, e tamén dalgúns traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes:[1][9][10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Maria Caltabiano Caccamo". Accademia Italiana di Studi Numismatici.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Curriculum di Maria Caltabiano Caccamo". Academia.edu
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Curriculum Vitae: Maria Caltabiano Caccamo Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Caltabiano, Maria Caccamo". En Coins Weekly. 14 de decembro de 2016.
  5. "Committee of the INC Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  6. "Messina/Taormina 2015 Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  7. Kampmann, U. (2015). "15. Internationaler Numismatischer Kongress in Taormina". En Münzen Woche. 1 de outubro.
  8. "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
  9. "Caccamo Caltabiano, Maria". WorldCat Identities.
  10. "Caccamo Caltabiano, Maria 1946- Arquivado 14 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar