Maria Alexandre Dáskalos
Maria Alexandre Dáskalos, nada no Huambo en 1957 e finada en Luanda o 20 de marzo de 2021, foi unha escritora e poeta angolana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 Huambo, Angola |
Morte | 20 de marzo de 2021 (63/64 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Arlindo Barbeitos |
Pai | Alexandre Dáskalos |
Xunto con Ana Paula Tavares, Amélia da Lomba e Lisa Castel, formou parte do grupo de escritoras da «Xeración das Incertezas» (Geração das Incertezas), escritoras que normalmente mostran angustia e melancolía nas súas obras, expresando a súa decepción polas condicións políticas e sociais do país.[1] Esta xeración, que tamén incluía a João Maimona, José Eduardo Agualusa, Lopito Feijoó e João de Melo, representa o movemento poético angolano dos anos oitenta.[2] Foi tamén contemporánea da poeta Ana de Santana.[3] Santana, Dáskalos e Tavares son coñecidas por "explorar cuestións relacionadas co desexo erótico e a heterosexualidade".[4]
Xunto con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos, publicou Antologia da Poesia Africana de Língua Portuguesa, Il colore rosso della Jacaranda e Angola e Mozambico. Scritture dellaguerra e della memoria.[5]
Era filla do poeta e nacionalista angolano Alexandre Dáskalos, e esposa do poeta Arlindo Barbeitos.[1] Faleceu en Luanda o 20 de marzo de 2021, só 11 días antes de que o fixese o seu marido.[6]
Obra
editar- O Jardim das Delícias, 1991, Luanda.
- Ler e Escrever Do Tempo Suspenso, 1998, Lisboa, Editorial Caminho.
- Antologia da Poesia Africana de Língua Portuguesa, en coautoría con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos.
- Il colore rosso della Jacaranda, en coautoría con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos.
- Angola e Mozambico. Scritture dellaguerra e della memoria, en coautoría con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos.
- Lágrimas e laranjas, 2001, Luanda, Editorial Nzila.
- A política de Norton de Matos para Angola, 2008, Edições Minerva Coimbra.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Maria Alexandre Dáskalos". Infopedia.pt (en portugués). Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ "José Luís Mendonça". pluraleditores.co.ao (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ Oyebade, Adebayo (2007). Culture and Customs of Angola (en inglés). Greenwood Publishing Group. pp. 64–. ISBN 978-0-313-33147-3.
- ↑ Quinlan, Susan Canty; Arenas, Fernando. Lusosex: Gender and Sexuality in the Portuguese-Speaking World (en inglés). University of Minnesota Press. pp. 25–. ISBN 978-1-4529-0561-7.
- ↑ Ribeiro Sanches, Manuela (2011). Europe in Black and White: Immigration, Race and Identity in the "Old Continent" (en inglés). Intellect Books.
- ↑ "Morreu o nacionalista e poeta Arlindo Barbeitos" (en portugués). 1 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021.