MariaDB

sistema de xestión de bases de datos de código aberto

MariaDB é o nome dunha comunidade de desenvolvedores derivados da base de datos MySQL con licenza libre GNU GPL creada por Michael Widenius (fundador de MySQL) despois de ser mercado MySQL por Oracle.

MariaDB
Un dos logos de MariaDB
Autor orixinalMichael Widenius
Desenvolvedor(es)MariaDB Foundation
Publicación inicial22 de xaneiro de 2009
Última versión10.10.2
(17 de novembro de 2022)
Repositoriogithub.com/MariaDB/server
Escrito enC, C++, Perl, Bash
Sistema operativo(Unix, Windows, Solaris, Linux, MacOS, BSD)[1]
Plataforma/sMultiplataforma
Lingua/singlés
TipoRDBMS
LicenzaGNU General Public License (versión 2)
Sitio webmariadb.org

O sistema ten dous motores de almacenamento novos: Aria, que substitúe a MyISAM e XtraDB que substitúe a InnoDB. MariaDB mantén unha alta compatibilidade con MySQL xa que ten as mesmas ordes, interfaces, APIs e bibliotecas.

Sistema editar

MariaDB emprega os números de versión, ata 5.5, seguindo a numeración de MySQL e as características son as mesmas.

MySQL tiña versión 5.0 á que seguiu a 5.5. MariaDB tivo versións 5.1, 5.2 e 5.3. Esas versións foron introducindo algunhas características, pero non tódalas funcións dispoñibles en MySQL 5.5.

Despois da versión 5.5, os desenvolvedores de MariaDB decidiron empezar unha nova rama numerando como 10. Este troco fíxose para deixar máis claro que MariaDB (no futuro) non importará tódalas características de MySQL 5.6 (porque algunhas delas non parecen ser o suficientemente estables para as normas de MariaDB).

Clientes editar

  • DBEdit — aplicación libre para a administración para MariaDB e outras bases de datos.
  • Navicat — series propietarias de aplicacións xestoras de bases de datos para Windows, Mac OS X e Linux.
  • MonYog e SQLYog — xestor gráfico de bases de datos, monitor e avisos.
  • HeidiSQL — cliente libre para MySQL en Windows. Incluído co paquete Windows MSI de MariaDB achegado coa versión.

APIs editar

  • node-mariasql — unha API para node.js pon en funcionamento MariaDB e non bloquea operacións (compatible con MySQL).[2]

Aplicacións editar

As seguintes aplicacións teñen soporte oficial MariaDB:

Wikipedia en MariaDB editar

En 2012 Wikipedia comezou a migración das súas bases de datos MySQL a MariaDB[3].

Notas editar

  1. "MariaDB 10.0.20 Stable". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2017. Consultado o 4 de xuño do 2017. 
  2. node-mariasql en github
  3. Wikipedia comienza a migrar de MySQL a MariaDB

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar