Mari Kaasinen
Mari Kaasinen, nada o 6 de decembro de 1971 en Rääkkylä, Carelia do Norte (Finlandia),[1] é unha vocalista finesa membro do grupo folk finés Värttinä dende a súa creación.
Mari Kaasinen | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1971 |
Lugar de nacemento | Carelia do Norte |
Nacionalidade | Finlandia |
Ocupación | cantante |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mari Kaasinen é membro da formación orixinal de Värttinä, sendo cofundadora do mesmo en 1983. A súa primeira actuación en público tivo lugar cando tan só contaba con dous anos e medio. Ao longo da súa carreira estudou canto clásico, acordeón e fiddle, e especializouse en canto tradicional no Departamento de Música Folk da Academia Sibelius (Helsinqui). En parte debido ás súas propias raíces e dialecto carelio, sempre sentiu interese na poesía do Kalevala e converteuse na principal letrista de Värttinä. Actualmente compaxina a súa carreira en Värttinä, coas súas clases de canto e kantele en Helsinqui, así como a súa participación noutros proxectos externos.