Marguerite Perey

física francesa

Marguerite Catherine Perey, nada en Villemomble, Francia o 19 de outubro de 1909 e finada en Louveciennes, Francia o 13 de maio de 1975, foi unha física francesa coñecida polo descubrimento do francio en 1939. Foi a primeira muller elixida membro da Academia das Ciencias en Francia en 1962.[1]

Infotaula de personaMarguerite Perey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marguerite Catherine Perey Editar o valor em Wikidata
19 de outubro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Villemomble, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Louveciennes, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro óseo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Director de teseMarie Curie Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , química , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estrasburgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
Fillossen valor Editar o valor em Wikidata
PaisÉmile Louis Perey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anne Jeanne Ruissel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Marguerite Perey estudou na Escola de Educación Técnica da Muller, na que obtivo un diploma en química en 1929.[2] Incorporouse ao equipo de Marie Curie no Instituto Curie en París e foi a súa axudante durante o período 1929-1934.[3] En 1934, á morte de Marie Curie, Marguerite Perey obtivo un posto de radioquímica co novo director André Debierne.[4] En 1939, Marguerite Perey illou por purificación do lantano que contiña actinio o primeiro isótopo dun elemento químico que se colocaba na caixa 87 aínda baleira do sistema periódico, debaixo de cesio na táboa periódica. Foi máis tarde coñecido polo nome provisional EKA-cio.[5] Marguerite nomeará este elemento francio en homenaxe ó país no que o descubrira.[6] É o último elemento existente descuberto no seu estado natural.

Xa na década de 1870, a comunidade de químicos cría na posible existencia dun metal alcalino con número atómico 87, debaixo de cesio na táboa periódica. Coñeceuse entón co nome provisional eka-cesium.[7] Os investigadores estaban intentando descubrir e illar este elemento que faltaba. Polo menos catro anuncios prematuros foron feitos antes de que fose descuberto por Marguerite Perey.

Retomando os seus estudos durante a guerra, Marguerite Perey obtivo un doutoramento en ciencias na Sorbona en 1946, co "Elemento 87, actinium K" e converteuse en investigadora no CNRS [2] no Instituto Curie baixo a dirección de Irène Joliot-Curie ata 1949 [8]. Despois foi nomeada profesora titular da cátedra de química nuclear da Universidade de Estrasburgo no recentemente creado Instituto de Investigación Nuclear. O 12 de marzo de 1962 foi a primeira muller admitida na Academia das Ciencias.[9]

A principios dos anos cincuenta, as dores que sentiu perturbaron as súas actividades. En 1960 diagnosticáronlle cancro óseo, provocado polas súas investigacións coa radioactividade. Tivo que parar as súas actividades científicas e despois establecerse en Niza para buscar tratamento nunha clínica onde a progresión da enfermidade a debilitou gradualmente.[10]

Marguerite Perey, ela mesma unha vítima de radiación, insistiu introducir medidas de protección nos seus laboratorios.[2]

Premios e recoñecementos editar

  • Premio Wilde da Academia das Ciencias (1950)
  • Premio Le Conte da Academia das Ciencias (1960)
  • Premio científico da cidade de París (1960)[2]
  • Elixida membro da Academia das Ciencias por proposta de Francis Perrin (1962)
  • Premio Lavoisier da Sociedade Francesa de Química (1964)
  • Medalla de prata da Chemical Society de Francia (1964)
  • Oficial da Lexión de Honor (1960)
  • Comendadora das Palmas Académicas (1960)
  • Comendadora da Orde Nacional do Mérito (1973), discurso de Alfred Kastler, laureado co Nobel en física.

Notas editar

  1. Van Tiggelen, Brigitte; Lykknes, Annette (2019-01). "Celebrate the women behind the periodic table". Nature (en inglés) 565 (7741): 559–561. doi:10.1038/d41586-019-00287-7. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Marguerite Catherine Perey (1909-1975), por Jean-Pierre Adloff et George B. Kauffman, en Out of the shadows, contributions of twentieth-century women to physics, editado por Nina Byers e Gary Williams.
  3. Baudet, Jean C. (2010). Curieuses Histoires des dames de la science. Editions Jourdan. p. 173. ISBN 978-2-87466-157-0. .
  4. Natalie Pigeard-Micault (2013). Les femmes du laboratoire de Marie Curie. Editions Glyphe, 2013,. p. 199-205. ISBN 978-2-35815-111-5. .
  5. "Francium (Atomic Number 87), the Last Discovered Natural Element". chemeducator.org. Consultado o 2020-05-10. 
  6. Bermejo, Manuel R; et al. (2007). "As mulleres e o sistema periódico". Boletín das ciencias (64): 33–34. ISSN 0214-7807. 
  7. "Marguerite Perey, la otra hija de Marie Curie". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-03-18. Consultado o 2020-05-10. 
  8. Expediente profesional conservado nos Archivos Nacionais de Francia, documento 20070296/427.
  9. "A revolution for feminism in France". Chem13 News Magazine (en inglés). 2017-09-01. Consultado o 2020-05-20. 
  10. encyclopedia.com : Perey, Marguerite Catherine .

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar