Margherita Hack

profesora, escritora e astrofísica italiana

Margherita Hack, nada en Florencia o 12 de xuño de 1922 e finada en Trieste o 29 de xuño de 2013, foi unha astrofísica, divulgadora científica e activista italiana.[1]

Infotaula de personaMargherita Hack

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1922 Editar o valor em Wikidata
Florencia, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 2013 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Trieste, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTrieste Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaItalia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–2013)
Reino de Italia (1922–1946) Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstrofísica, astronomía e Observatorio astronómico Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Trieste (1964–1987)
Rusia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrofísica , investigadora , profesora universitaria , divulgadora científica , secularist (en) Traducir , astrónoma , escritora de non ficción , atleta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAstronomical Observatory of Trieste (en) Traducir
Universidade de Trieste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaSalto de altura Editar o valor em Wikidata
Participou en
4 de xullo de 1943Q102483400 Traducir
21 de xuño de 1942Q102423932 TraducirSalto de altura (3ª)
13 de xullo de 1941Q102278352 Traducir
21 de xullo de 1940Q102255118 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 113034687 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai Robert Hack, era un contador de orixe suíza e de relixión protestante. A súa nai, María Luisa Pogessi, toscana, era católica e graduada da academia de belas artes e, miniaturista na galería dos Uffizi. Ambos foron membros da Sociedade Teosófica italiana, da que Robert chegou a ser presidente.[2]

Despois de completar os seus estudos (aínda que non realizou os exames debido á segunda guerra mundial) no Liceo Classico "Galileo" en Florencia, graduouse en Física en 1945 cunha cualificación de 101/110 cunha tese de Astrofísica das Cefeidas, realizada no Observatorio de Arcetri da Universidade de Florencia, durante a dirección de Giorgio Abetti, quen se convertería para ela nun modelo científico, docente e de xerencia dun centro de investigación científica.[3][4][5]

Na súa mocidade foi campioa en salto de altura e salto de lonxitude.[6][7][8] En febreiro de 1944 casou con Aldo De Rosa na igrexa de San Leonardo de Arcetri.[9]

Morreu o 29 de xuño de 2013, á idade de noventa e uns anos no hospital de Cattinara en Trieste, no que foi hospitalizada por problemas cardíacos; desde había uns dous anos presentaba problemas respiratorios e de motricidad.[10][11]

Actividade científica editar

Foi profesora titular de astronomía na Universidade de Trieste desde 1964 até o 1 de novembro de 1992, ano da súa xubilación.[12] Foi a primeira muller italiana en dirixir o Observatorio Astronómico de Trieste; desde 1964 até 1987, levándoo a obter renome internacional.[13]

Membro de importantes sociedades de física e astronomía, Margherita Hack tamén foi directora do Departamento de Astronomía da Universidade de Trieste desde 1985 até 1991 e desde 1994 até 1997. Foi membro da Accademia Nazionale dei Lincei (socia nacional da clase de ciencias físicas, matemáticas e naturais; segunda categoría: astronomía, xeodesia, xeofísica e aplicacións; sección A: Astronomía e aplicacións). Traballou para numerosos observatorios estadounidenses, europeos e estatais por longo tempo como membro do grupo de traballo da Axencia Espacial Europea e da NASA.[14] En Italia, despois dunha intensa actividade de fomento, logrou que a comunidade astronómica italiana expandise a súa actividade mediante o uso de varios satélites, alcanzando así un nivel de renome internacional.[15][13]

Publicou numerosos artigos orixinais en revistas internacionais, así como libros, tamén populares a nivel universitario. Recibiu os premios Targa Giuseppe Piazzi (1994) e premio internacional Cortina Ulisse (1995) polas súas investigacións científicas.

En 1978 fundou a revista bimensual L'Astronomia cuxo primeiro número saíu en novembro de 1979; posteriormente xunto a Corrado Lamberti, dirixiu a revista de divulgación científica e de cultura astronómica Lle Stelle''.[12][16]

 
Margherita en 2007 nunha conferencia da UAAR.

Recoñecementos editar

  • 27 de maio de 1998, Medalla de Ouro da Orde Italiana do Mérito na Cultura e as Artes.[17]
  • 28 de maio de 2012, Dama Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana..[17]

Notas editar

  1. "Fallece astrofísica italiana Margherita Hack". www.elheraldo.hn (en castelán). Consultado o 2022-03-15. 
  2. Teosofica. "Teosofia in Italia" (en italiano). Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  3. "Zichichi-Hack". YouTube. 23 de outubro de 2009. 
  4. "Margherita Hack". wikipedia.org. 
  5. "Biografia di Margherita Hack". ticonuno.it. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  6. "Partenza! Chi ha già fatto la scelta vegetariana e vegan?". vegfacile.info. 
  7. "L'astrofisica Hack, stella dei Littoriali del fascismo". laprovinciadicomo.it. 
  8. Sacchettoni Ilaria. "«Giurai al regime, volevo la medaglia vinta in atletica» Margherita Hack". corriere.it. 
  9. "Repubblica.it  » persone  » Margherita Hack, la voglia di vivere diecimila anni". repubblica.it. 
  10. Rai News 24 (29 de xuño de 2013). "Morta l'astrofisica Margherita Hack" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  11. Addio Margherita Hack, una vita controcorrente guardando le stelle
  12. 12,0 12,1 Hack, Margherita (2000). L'amica delle stelle. Storia di una vita. Rizzoli. p. 293. ISBN 978-88-17-25870-8. 
  13. 13,0 13,1 "Hack, Margherita". www.treccani.it. Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  14. "Conferenza di Margherita Hack a Caorle". castfvg.it. 
  15. "Margherita Hack". Enciclopedia Multimediale delle Scienze Filosofiche. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  16. Pagina Storica de "Le Stelle"
  17. 17,0 17,1 Quirinal. "HACK Margherita" (en italiano). Consultado o 9 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar