Margarita Ucelay Maortua, nada en Madrid o 5 de maio de 1916 e finada na mesma cidade en 2014, foi unha filóloga española. Estaba especializada na obra de Federico García Lorca e editou algunhas das súas obras xa durante a chamada "Transición española".[1]

Infotaula de personaMargarita Ucelay

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Margarita Ucelay Maortua Editar o valor em Wikidata
5 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xullo de 2014 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central - licentiate degree in law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhispanista , mestra , filóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorVassar College (pt) Traducir
Universidade de Columbia
Hunter College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeErnesto Guerra da Cal Editar o valor em Wikidata
FillosEnric Ucelay-Da Cal Editar o valor em Wikidata
NaiPura Maortua Editar o valor em Wikidata
IrmánsMatilde Ucelay Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 541034

Traxectoria editar

Foi filla de Pura Maortua, pertencente á burguesía vasca, e do avogado e bibliófilo Enrique Ucelay Sanz. A súa nai, apaixonada do teatro, foi amiga e colaboradora de Federico García Lorca. Con el levou a escena algunhas obras co grupo teatral Anfístora, nome que lle deu o propio Lorca.

A irmá máis vella, Matilde, foi a primeira arquitecta española titulada. Tiña dúas irmás máis, Luz, maior que ela, e Carmen, a máis nova.[1][2]

Ucelay cursou o bacharelato no Instituto-Escuela (1933), baseado nos principios da Institución Libre de Enseñanza. Entre 1933 e 1936 estudou Dereito na Universidade Central.[1]

En Anfistora coñeceu a Ernesto Guerra da Cal (antes chamado Ernesto Pérez Guerra), afiliado ao PCE e capitán do Exército Popular da República, quen tivo unha destacada actividade durante a Guerra civil española. O 31 de outubro de 1936 contraeron matrimonio en Valencia, xunto a outras parellas de milicianos. Viviron en Valencia e Barcelona, até que en 1938 Guerra da Cal viaxou aos EUA para estreitar relacións entre a Casa Branca e o goberno republicano.

Ucelay permaneceu en Barcelona xunto á súa irmá Luz e a filla recentemente nada desta até que en febreiro de 1939 se exiliaron en Francia, non sen múltiples dificultades. Debido ás súas ideas políticas, sufriu o rexeitamento da súa tía Asunción Maortua, que residía en Saint-Jean-de-Luz. Puido conseguir documentación para viaxar a EUA no transatlántico Queen Mary. Porén, durante a viaxe, o presidente Roosevelt recoñeceu o goberno franquista, polo que a súa documentación perdeu a validez. En consecuencia, cando chegou foi internada na illa Ellis.[2]

Conseguíronlle un visado estudantil para entrar no país, mais tivo que pasar previamente por Cuba. Xa en Nova York, o hispanista Federico de Onís, da Universidade Columbia, axudou a Ucelay e o seu home. Grazas ao Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, Ucelay puido presentar o seu expediente académico da Universidade Central. O alto número de matrículas de honra que tiña permitiulle ser admitida na Universidade de Columbia. Iniciou entón unha ampla carreira profesional dedicada á investigación da obra de Lorca e ao ensino.[2] O matrimonio seguiu unha vida académica paralela, xa que Guerra da Cal, como lusista, especializouse en José Maria Eça de Queirós.

En 1944 conseguiron a nacionalidade estadounidense. En 1948 naceu o seu fillo, o historiador Enric Ucelay-Da Cal, e en 1965 divorciáronse. En 1968 Ucelay obtivo a cátedra, co que consolidou a súa vida universitaria. Igual que Guerra da Cal, estivo moi vinculada á Hispanic Society.[1] Volveu a España en 1982 e morreu en Madrid en 2014.[1]

Traxectoria profesional editar

Unha vez aceptada na Universidade Columbia, en outono de 1939 Ucelay comezou a dar clases de lingua española no centro privado Vassar College, na localidade de Poughkeepsie. En 1941, baixo a dirección de Onís, recibiu un MA (Master of Arts). No curso 1942-1943 comezou a dar clases de lingua española como lectora substituta no Hunter College, adscrito á City University of New York. Ao mesmo tempo, continuou co seu doutoramento, dirixido por Ángel del Río, na Universidade de Columbia. A tese tratou sobre os tipos curiosos na literatura de Ramón de Mesonero Romanos. Foi publicada posteriormente en forma de libro, Os españois vistos por si mesmos, publicada polo Colexio de México como Estudo dun xénero costumista.[1][2]

Malia a boa acollida da súa tese, preferiu dedicarse á inmersión lingüística na universidade privada feminina Barnard College. Alí, amais, fixéronse as primeiras representacións teatrais en español na cidade de Nova York. Nesta angueira participaron tamén Amelia del Río e Laura de los Ríos Giner. En 1953 representaron La casa de Bernarda Alba. En 1955, xunto ao seu marido, Guerra da Cal, publicaron Literatura española del siglo XX.[2]

En 1968 Ucelay obtivo a cátedra de Literatura Hispánica. Dirixiu o departamento entre 1961 e 1965 e entre 1967 e 1981. Tras a súa xubilación foi profesora emérita durante 1982.[2] Publicou, ademais, varios artigos na Hispanic Review.

En 1982 trasladouse a Madrid e seguiu a estudar a obra inédita de García Lorca. Conservaba dous manuscritos mecanografados que pertenceran á súa nai, da época de Anfistora, Amor de Don Perlimplín con Belisa en su jardín e Así que pasen cinco años. Antes da súa partida, dooulle o manuscrito á Hispanic Society, mais foron a base para as edicións definitivas das dúas obras, publicadas en 1990 e 1995, respectivamente.[1] Participou en distintas fundacións lorquianas e publicou no Boletín da Fundación García Lorca.[2]

Obra[2][3] editar

    • Los españoles pintados por sí mismos (1843-1844): estudio de un género costumbrista, tese de doutoramento. Cidade de México, El Colegio de México, [1951]: parte 1 e parte 2.
    • Visión de España. Nova York, Holt, Rinehart and Wiston, 1968. En colaboración con Amelia Agostini del Río.
    • «Corte y teatro de Falimund» en El Criticón», en Hispanic Review, 1981, 2, 1981, pp. 143-161.
    • «"Escenas" y "tipos"» en Iris. M. Zavala: Historia crítica de la literatura española. Tomo V. Romanticismo y realismo. Barcelona, Crítica, 1984.
    • «Federico García Lorca y el club teatral Anfistora: el dramaturgo como director», en AA. VV. Lecciones sobre Federico García Lorca, edición de Andrés Soria Olmedo. Granada, Comisión Nacional del Cincuentenario, 1986.
    • «De las aleluyas de Don Perlimplín a la obra de Federico García Lorca», en AA. VV. Federico García Lorca. Saggi critici nel cinquantenario della morte, edición de Gabriele Morelli. Fassano, Eschena Editore, 1988.
    • «El teatro juvenil de Federico García Lorca», en Boletín de la Fundación Federico García Lorca, 1996, vol. 10, núm. 19-20, pp. 157-174.

Recoñecementos editar

  • En 1982 recibiu o Emily Gregory Award for Excellence in Teaching.
  • No seu honor creouse o Ucelay Spanish Recitation Prize.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Margarita Ucelay y el exilio femenino" (en castelán). Consultado o 2021-11-19. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Aznar Soler, Manuel; López García, José Ramón (2017). Diccionario biobliográfico de escritores, editoriales y revistas del exilio republicano de 1939. Renacimiento. ISBN 9788416981113. 
  3. "Memorabilia Familiae" (en inglés). Consultado o 2021-11-19.