Margarita Murillo

Margarita Murillo, nada en 1958 e finada o 27 de agosto de 2014, foi unha activista dos dereitos humanos hondureña. Era unha defensora do medio ambiente e unha icona da defensa campesiña polas súas terras.[1][2]

Margarita Murillo
Nacemento13 de novembro de 1958
Falecemento27 de agosto de 2014
NacionalidadeHonduras
OcupaciónActivista polos dereitos humanos
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Murillo era nai de Kenia Murillo, Franklin Octavio, Samuel David Flores e Margarita Montserrat.[1][2]

Foi catequista na comunidade eclesial de base.

Murillo estaba afiliada á Unión de Trabajadores del Campo (UNC). A súa vida estivo dedicada á loita polo acceso á terra das mulleres campesiñas hondureñas. Na tradición lenca, nos ríos residen os espíritos femininos e as mulleres son as súas principais gardiás, por iso Murilllo foi unha das líderes do movemento contra o outorgamento dos ríos a empresas privadas e a construción de plantas hidroeléctricas, polo seu impacto ambiental e cultural en terras historicamente habitadas por indíxenas. Foi unha das fundadoras da Central Nacional de trabajadores del Campo (CNTC) nos '80. Durante a década dos 80, mentres militaba no movemento insurreccional Lorenzo Zelaya, Murillo foi secuestrada e torturada por motivos políticos polos escuadróns da morte de Gustavo Álvarez Martínez, cando se mantiña a Doutrina da seguridade nacional.[3] Este feito levouna a exiliarse.[4] Murillo foi unha das fundadoras e coordinadora de Frente Nacional de Resistencia Popular (FNRP) despois do golpe de estado de 2009. Murillo liderou a toma do parque central de San Pedro Sula.

En 2013, foi candidata a Deputada do Congreso Nacional, por Cortés, nas eleccións internas do Partido LIBRE (Libertad y Refundación) coordinado polo expresidente Manuel Zelaya.

En 2014, volvera ao campo despois de presentarse nas campañas electorais. Padecía de diabetes. Foi asasinada, dun disparo na fronte logo de defenderse, por un sicario, mentres estaba a traballar a terra na Costa Norte de Honduras, no Planón, Villaneuva, Cortés. Murillo estaba a legalizar a propiedade da súa parcela en El Venado.[2][1]

A fiscal a cargo da investigación da súa morte, Marlene Banegas, coordinadora da Fiscalía de Delitos contra a Vida, e a fiscal Patricia Eufrahio, foron tamén asasinadas o 10 de outubro de 2014, mentres investigaban o seu asasinato.[1]

David Edgardo Ordoñez, suposto sicario, foi asasinado asfixiado mentres estaba detido na policía.[1]

A Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH), instou o Estado hondureño, o 17 de setembro de 2014, a realizar unha investigación con debida dilixencia sobre o seu asasinato, pero ao día de hoxe o seu caso permanece impune.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Margarita Murillo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Organizaciones hondureñas demandan investigación del asesinato de lideresa campesina". Oxfam International. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  3. "Margarita Murillo, a cuatro años de su asesinato" (en castelán). 27 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2018. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Padilla, Cesario. "Cuatro años sin que florezca justicia para Margarita Murillo" (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar