Margarida de Inglaterra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Margarida de Inglaterra, nada en Hungría e finada na abadía de Sauvebénite de Auverña (Francia) en 1192, foi unha relixiosa inglesa, pertencente á Orde do Císter.
Margarida de Inglaterra | |
---|---|
Lugar de nacemento | Hungría |
Falecemento | 1192 |
Lugar de falecemento | Auvergne |
Relixión | Igrexa católica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
De nova foi canda a súa nai de peregrinación a Xerusalén e, a continuación, establecéronse en Belén, onde viviron vidas austeras de penitencia. A súa nai morreu alá, na Terra Santa. Despois diso, Margarida fixo numerosas peregrinacións á Virxe de Montserrat en Cataluña, e despois a Nosa Señora de Le Puy-en-Velay, en Auverña. Preto de alí, na abadía de Sauvebénite, converteuse en monxa cisterciense.
Foron reportados varios milagres no seu túmulo e converteuse nun lugar de peregrinación. No santoral católico, o seu día é o 3 de febreiro.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Farmer, David Hugh. (1978). The Oxford Dictionary of Saints. Oxford: Oxford University Press.
Ligazóns externasEditar
- St. Margaret of England - Páxina católica inglesa.