Margarida de Austria, duquesa de Savoia
Margarida de Austria, nada en Bruxelas, Bélxica o 10 de xaneiro de 1480 e finada en Malinas, Bélxica o 1 de decembro de 1530, foi arquiduquesa de Austria, princesa consorte de Asturias e de Xirona e duquesa consorte de Savoia.
Nome orixinal | (de) Margarete von Österreich |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xaneiro de 1480 Bruxelas |
Morte | 1 de decembro de 1530 (50 anos) Mechelen (pt) |
Lugar de sepultura | royal monastery of Brou (en) |
Gobernador dos Países Baixos Países Baixos dos Habsburgo (pt) | |
1517 – 1530 | |
Gobernador dos Países Baixos | |
1507 – 1515 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Mechelen (pt) (1507 (Gregoriano)–1530 (Gregoriano)) París |
Ocupación | dignitary (en) , pintora , coleccionista , mecenas , compositora |
Lingua | Lingua francesa |
Outro | |
Título | Princesa Duquesa |
Familia | Casa de Habsburgo |
Cónxuxe | Felisberto II de Saboia (1501 (Gregoriano)–) João, príncipe das Astúrias (1497 (Gregoriano)–1497) |
Pais | Maximiliano I de Habsburgo e María de Borgoña |
Irmáns | Cornelio de Austria, Xurxo de Austria e Filipe I de Castela |
Traxectoria
editarFilla do arquiduque Maximiliano de Austria (daquela Maximiliano I do Sacro Imperio Romano Germánico) e de María de Borgoña, duquesa de Borgoña.
Casou con Xoán de Aragón e Castela, o fillo dos Reis Católicos, herdeiro ó trono de Castela e Aragón co título de Príncipe de Asturias. Irmá máis nova do arquiduque Filipe o Fermoso, casado con Xoana I de Castela, tamén filla dos Reis Católicos, e desta maneira tía paterna dos fillos destes: Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Germánico, Fernando I de Habsburgo, que tamén chegaría a ser emperador dos xermanos; Leonor de Austria, raíña de Portugal e logo de Francia; Sabela de Austria, raíña de Dinamarca; María de Austria, raíña de Hungría; e Catarina de Austria, raíña de Portugal.