Margaretta Morris

Margaretta Hare Morris, nada o 3 decembro de 1797 e finada o 29 de maio de 1867, foi unha entomóloga[1] estadounidense. Morris e a astrónoma Maria Mitchell foron as primeiras mulleres elixidas para a American Association for the Advancement of Science en 1850.[2][3] Tamén foi a segunda muller elixida para a Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia en 1859, despois de Lucy Say.[1][2]

Infotaula de personaMargaretta Morris

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1797 Editar o valor em Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1867 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónentomóloga Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiAnn Willing Morris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsElizabeth Carrington Morris e Thomas Willing Morris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Morris era unha dos seis fillos de Luke Morris (1760-1802), avogado, e Ann Willing Morris (1767-1853). Formadas por titores como Thomas Nuttall, Thomas Say e Charles Alexandre Lesueur, as irmás Morris, especialmente Margaretta e a súa irmá botánica Elizabeth Carrington Morris, formaron parte da gran comunidade científica do século XIX. Margaretta e Elizabeth vivían na mesma casa de Germantown, onde realizaban a maioría dos seus experimentos científicos. Asistían regularmente a conferencias na Academia de Germantown. As irmás formaban parte dunha rede que incluía a Asa Gray, William Darlington, Thaddeus William Harris, Louis Agassiz, Dorethea Dix, Mary Roberdeau e Isabella Batchelder James, con quen compartía espécimes e achados.[4][5]

Investigación editar

Morris estudou os hábitos das moscas do trigo, que se parecían á Mayetiola destructor, e chegou á conclusión de que os ovos se poñían no gran e non no talo, como se pensaba. Tamén estudou a lagosta dos dezasete anos e os fungos como pragas botánicas. Describiu por primeira vez a Magicicada cassinii, unha especie de cigarra periódica, que posteriormente recibiu o nome de John Cassin.[6]Os seus resultados foron importantes para a agricultura e os hortos.[1] Enviou os seus traballos a sociedades científicas como a American Philosophical Society, que naquela época só contaba con homes como membros, polo que os traballos tiñan que ser lidos no seu nome.[7] Tamén publicou regularmente no American Agriculturist e noutras revistas agrícolas, ás veces con pseudónimos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar