Margaret Todd

médica e escritora

Margaret Georgina Todd, nada en Kilrenny (Fife, Escocia) o 23 de abril de 1859 e finada o 3 de setembro de 1918, foi unha doutora e escritora británica de orixe escocesa. Foi ela quen acuñou o termo "isótopo" e suxeriullo ao químico Frederick Soddy.[1]

Margaret Todd
Todd Margaret author.jpg
AlcumeGraham Travers
Nacemento23 de abril de 1859
Lugar de nacementoGlasgow
Falecemento3 de setembro de 1918
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónescritora, novelista e médica
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anos e formaciónEditar

Todd era filla de James Cameron Todd e Jeannie McBain, de Glasgow. Estudou en Edimburgo, Glasgow e Berlín.[2]

Mentres traballaba como profesora de escola en 1886, Todd foi unha das primeiras estudantes da Escola de Medicina para Mulleres de Edimburgo, na que se matriculou despois de saber que o Royal College of Physicians and Surgeons abrise os seus exames para mulleres. Levoulle oito anos completar a formación, cuxo currículo foi de catro anos, porque, mentres estudaba, escribiu unha novela, Mona Maclean, baixo o pseudónimo de "Graham Travers".[3]

A revista Punch describiuna como "unha novela cun propósito, algo que non se recomenda nunha novela, sobre todo cando ese propósito é demostrar a habilidade indispensable das mulleres médicas".[4] Despois de licenciarse en medicina, continuou estudando en Bruxelas.

CarreiraEditar

No Hospital de Edimburgo, no centro de saúde de mulleres e nenos, ocupou o cargo de médico asistente, pero deixouno despois de cinco anos. [5]

O seu primeiro libro tivo unha boa acollida. Máis tarde, publicou Fellow Travelers e Kirsty O 'The Mill Toun en 1896 e Windyhaugh en 1898, sempre co seu pseudónimo masculino; con todo, a súa verdadeira identidade era coñecida e foi mencionada nas críticas dos seus libros.[3] En 1906, os seus editores engadiron "Margaret Todd, MD" entre parénteses debaixo do seu pseudónimo. En total, publicou seis novelas e escribiu contos para revistas.

IsótoposEditar

Todd era amiga da familia do químico Frederick Soddy, que máis tarde se convertería en profesor na Universidade de Glasgow. En 1913, Soddy explicoulle a Todd a súa investigación sobre a radioactividade, pola que gañaría o Premio Nobel de Química en 1921, e mostroulle que algúns elementos radioactivos teñen máis dunha masa atómica, aínda que as súas propiedades químicas son idénticas; isto fai que átomos de diferentes masas ocupen o mesmo lugar na táboa periódica. Todd suxeriulle que os chamase "isótopos", que significa, en grego, "no mesmo lugar".[6] Soddy aceptou este termo e máis tarde pasou a formar parte da nomenclatura científica utilizada en todo o mundo.

Vida persoalEditar

Todd era a compañeira da doutora Sophia Jex-Blake, a fundadora da facultade e do lugar de traballo de Todd.[7] Tras a xubilación de Jex-Blake en 1899, as dúas mudáronse a Rotherfield, onde Todd escribiu The Way of Escape (1902) e Growth (1906). Despois da morte de Jex-Blake, escribiu unha biografía titulada The Life of Dr Sophia Jex-Blake (1918), na que relataba a loita das mulleres ao longo do século XIX para exercer a Medicina, e asinouna co seu propio nome. The Times describiu o traballo como "case demasiado minucioso para o lector en xeral", pero recibiu eloxios noutras publicacións.[8]

Todd faleceu aos 59 anos, tres meses despois de que se publicase a súa biografía de Jex-Blake.[7]

No seu testamento legou 3000 libras para promover o avance da muller na Medicina.[9]

NotasEditar

  1. "In Her Element: Women Behind the Discoveries of the Periodic Table". Energy.gov (en inglés). Consultado o 2021-12-18. 
  2. "Death of Dr. Margaret Todd" (en inglés). 14 de setembro de 1918. Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "New Books: Windyhaugh. By Graham Travers" (en inglés). 16 de novembro de 1898. Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  4. "Margaret Todd" (en inglés). Discovering Scotland. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  5. "The late Dr. Maragret Todd" (PDF) (en inglés) 2 (3011). 14 de setembro de 1918: 299. doi:10.1136/bmj.2.3011.298-a. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  6. Nagel, Miriam C. (1982). "Frederick Soddy: From Alchemy to Isotopes" 59 (9): 739–740. Bibcode:1982JChEd..59..739N. doi:10.1021/ed059p739. 
  7. 7,0 7,1 "Intimate sympathy and self-effacement: writing the life of Sophia Jex-Blake" 14:2 (2). 1999: 222–240. doi:10.1080/08989575.1999.10815220. 
  8. "The Life of Sophia Jex-Blake" (en inglés). 10 de xuño de 1918. Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  9. "Bequests of Dr. Margaret Todd" (en inglés). 2 de decembro de 1918. Consultado o 5 de agosto de 2017.