Margaret Preston

artista australiana

Margaret Preston, nada como Margaret Rose McPherson o 29 de abril de 1875 en Adelaida e finada o 28 de maio de 1897 en Sydney, foi unha artista australiana.

Infotaula de personaMargaret Preston

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1875 Editar o valor em Wikidata
Adelaida, Australia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de maio de 1963 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónNational Gallery of Victoria Art School (en) Traducir
Galeria de Arte da Nova Gales do Sul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Australia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista , pintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
9 de xuño de 2012dOCUMENTA (13) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: McPherson-4501

Traxectoria editar

Nada como Margaret Rose McPherson en Port Adelaide o 29 de abril de 1875, Preston era filla do enxeñeiro David McPherson e de Prudence Lyle. Ós 30 anos, trala morte dos seus pais, Preston foi para a Europa onde algunhas das súas pinturas foron expostas nos salóns de París en 1905 e 1906. As súas principais influencias eran os posimpresionistas franceses, e despois o cubismo e a arte nipóna. Trala primeira guerra mundial coñeceu a William Preston, con quen casou en 1919. A parella viaxaba constantemente e frecuentemente recadaba material das tribos aborixes de Australia. Os seus gravados en madeira convertéronse na maior expresión da arte moderna australiana, mais os seus traballos máis famosos son as súas pinturas a óleos modernistas. En 1923 comezou a avogar por unha arte nacional que incluíse máis a cultura aborixe e constantemente usaba persoas dese pobo como figuras nas súas pinturas.[1] Nos anos 40 comezou a usar liñas máis sinxelas e unha paleta de cores máis terrosa nas súas paisaxes ó óleo, influenciada pola arte aborixe. Preston faleceu o 28 de maio de 1963, deixando unha ampla obra e sendo unha das artistas mulleres máis lembradas de Australia.[2]

Notas editar

  1. Melbourne, The University of. "Preston, Margaret Rose - Woman - The Encyclopedia of Women and Leadership in Twentieth-Century Australia". www.womenaustralia.info (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2018. Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  2. Seivl, Isobel. "Preston, Margaret Rose (1875–1963)". Australian Dictionary of Biography (Canberra: National Centre of Biography, Australian National University). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Butler, Roger (1982). The prints of Margaret Preston, a catalogue raisonné. National Gallery of Australia, Australia. p. 373. ISBN 064254185X. 
  • Edwards, Deborah; Rosemary Peel; Denise Mimmocchi (2010). Margaret Preston. Thames & Hudson Australia Pty. Limited, 300 pp + CD ROM. ISBN 0500500223. 
  • Speck, Catherine (2004). Painting Ghosts: Australian Women Artists in Wartime. Richmond: Thames and Hudson (Australia). pp. 106–108,110,111,114,172. ISBN 1877004227.