Margaret Lin Xavier

médica thailandesa

Margaret Lin Xavier ou Khun Ying Srivisanvaja, nada en Bangkok o 29 de maio de 1898 e finada o 6 de decembro de 1932, coñecida como Dr. Lin, era unha médica tailandesa .[1] Foi a primeira muller tailandesa en recibir un grao en medicina.[1][2]

Infotaula de personaMargaret Lin Xavier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1898 Editar o valor em Wikidata
Bangkok, Tailandia Editar o valor em Wikidata
Morte6 de decembro de 1932 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Causa da morteEncefalite Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTailandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLondon School of Medicine for Women Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Margaret Lin Xavier era filla de Celestino Maria Xavier, coñecido como Phraya Sri Phipat Kosa, o Baixo-Secretario de Estado para Asuntos Estranxeiros, e Kim Kee.[3] Foi enviada a estudar ao convento do Sacro Corazón de Jesús en Singapura. Cando o seu pai foi destinado ao estranxeiro como embaixador de Tailandia en Italia, Lin Xavier ingresou no Clark's Commercial College de Londres. Despois aprobou a matrícula e entrou na London School of Medicine for Women e no Royal Free Hospital. Obtivo o título de MBBS, MRCS e LRCP.[1]

Carreira editar

Tras a morte do seu pai, Xavier regresou a Tailandia en 1924 e converteuse en obstetra e traballou para a Sociedade Tailandesa da Cruz Vermella, o King Chulalongkorn Memorial Hospital e o centro médico do distrito de Bang Rak, dependente do Ministerio de Saúde Pública. [3]Tamén estableceu unha clínica médica chamada " Unakan" coa súa medio irmá Chan Xavier como farmacéutica da clínica.

Xavier atendía a pacientes de todas as clases sociais, non só da aristocracia tailandesa. Como o centro médico de Bang Rak era para o tratamento de enfermidades de transmisión sexual, moitas dos seus pacientes eran traballadoras do sexo empobrecidas, ás que atendía gratuitamente.[3] Mesmo cando aleitaba, Margaret seguía traballando, indo a casa a aleitar a metade da xornada laboral e volvendo ao traballo pola tarde. Optou por aleitar aos nenos ela mesma, a pesar de que unha muller do seu status naquela época contrataría a axuda dunha ama de cría.[3]

Recoñecementos editar

O 29 de maio de 2020, Google celebrou a súa vida cun Google Doodle.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Srisuwan, Artyasit (15 de novembro de 2018). "คุณหมอมากาเร็ต ลิน เซเวียร์ แพทย์หญิงคนแรกของเมืองไทย" [Dr. Margaret Lin Xavier – Thailand's first female doctor]. The Matter. Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  2. Chiumkanokchai, Chariya (8 de abril de 2019). "Tackling online gender bias". Bangkok Post. Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 นารีผู้มีคุณ [Virtuous Women]. The National Identity Office, Secretariat of the Cabinet of Thailand. 1992. 
  4. "Celebrating Margaret Lin Xavier (Lin Srivisarnvaja)". 29 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar