Marcos Lorenzo Gallego

economista e antropólogo galego

Marcos Lorenzo Gallego, nado na Coruña en 1970, é un economista e antropólogo galego.

Infotaula de personaMarcos Lorenzo Gallego
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxestor cultural Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2035247

Traxectoria editar

Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), é Diploma de Estudos Avanzados en Antropoloxía Social polo programa de Doutoramento en Antropoloxía Social da USC (1997)[1], máster en Cooperación Internacional, xestión de ONG's e voluntariado (1999) e posgrao en xestión cultural (2006). Fundador e director da empresa e-Burbulla S.A., foi asesor cultural do Concello de Ferrol (2007-2009),[2] e xerente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Coordinou proxectos europeos para a Fundación Galicia Emigración e fundou a empresa de consultaría Cidadanía S. Coop. Galega. É membro da sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega. Dende xuño de 2020 é técnico en xestión cultural do Concello de Ferrol.[3][4]

Obras editar

Poesía editar

Obras colectivas editar

  • A xestión cultural en Galicia (2019).

Notas editar

  1. "Currivulum Vitae" (PDF). CV MARCOS LORENZO GALLEGO. Consultado o 21/01/2024. 
  2. La Voz de Galicia, Ferrol, 1-11-2007, p. 16.
  3. El Concello de Ferrol cuenta por fin con un técnico en gestión cultural: Marcos Lorenzo Gallego
  4. "Liquidación de existencias" (PDF). culturagalega.gal. 
  5. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Dous escritos sobre a felicidade". www.edicionsembora.es. Consultado o 2021-10-09. 
  6. Castro Rey, Ignacio (abril, maio, xuño 2023). "A necesidade de estoupar". Grial LXI (238): 82–83. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar