Marco Virgilio García Quintela

Marco Virgilio García Quintela, nado en Penagos (Cantabria) en 1958, é un especialista en historia antiga de Galicia.

Marco Virgilio García Quintela
Nacemento1958
Lugar de nacementoPenagos
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980, doutorouse en 1984 cunha tese sobre Filosofía e Sociedade na Xonia arcaica. Obtivo o premio extraordinario de doutoramento en 1987.

Foi profesor da Universidade de Valencia e exerce como tal en Santiago dende 1991. Foi profesor invitado na Ecole Practique de Hautes Etudes de París en 2006, na Escuela Nacional de Antropología e Historia e polo Instituto de Investigaciones Antropolígicas de la UNAM (México).

Integrou o consello de redacción da revista Gallaecia e do Cuaderno de Estudios Gallegos. É colaborador do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, membro de honra da Societé Belge d´Etudes Celtiques e coordina varios grupos de investigación.

Obras editar

  • Soberanía e Santuarios na Galicia castrexa (2006)
  • Santuarios de la Galicia Céltica (2008)
  • La organización social y política de los galaico-lusitanos (2007)
  • Mitología y Mitos de la Hispania prerromana (1999)
  • Le programma d´acces à la rayauté dans le monde celtique:pour une antropologie politique celtique (2003)
  • Petroglifos podomorfos e investiduras reales célticas (2000)
  • Sun cycle and landscape:defining a celtic pattern (2004)