Marco Virgilio García Quintela
Marco Virgilio García Quintela, nado en Penagos (Cantabria) en 1958, é un especialista en historia antiga de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Penagos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Traxectoria
editarLicenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980, doutorouse en 1984 cunha tese sobre Filosofía e Sociedade na Xonia arcaica. Obtivo o premio extraordinario de doutoramento en 1987.
Foi profesor da Universidade de Valencia e exerce como tal en Santiago dende 1991. Foi profesor invitado na Ecole Practique de Hautes Etudes de París en 2006, na Escuela Nacional de Antropología e Historia e polo Instituto de Investigaciones Antropolígicas de la UNAM (México).
Integrou o consello de redacción da revista Gallaecia e do Cuaderno de Estudios Gallegos. É colaborador do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, membro de honra da Societé Belge d´Etudes Celtiques e coordina varios grupos de investigación.
Obras
editar- Soberanía e Santuarios na Galicia castrexa (2006)
- Santuarios de la Galicia Céltica (2008)
- La organización social y política de los galaico-lusitanos (2007)
- Mitología y Mitos de la Hispania prerromana (1999)
- Le programma d´acces à la rayauté dans le monde celtique:pour une antropologie politique celtique (2003)
- Petroglifos podomorfos e investiduras reales célticas (2000)
- Sun cycle and landscape:defining a celtic pattern (2004)