Abrir o menú principal

Marcial Taboada de la Riva

médico e político galego

Marcial Taboada de la Riva, nado en Ourense o 15 de marzo de 1837 e finado en Pinto o 23 de abril de 1913, foi un médico e político galego.

Marcial Taboada de la Riva
Nacemento15 de marzo de 1837
 Ourense
Falecemento23 de abril de 1913
 Pinto
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónmédico e político
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutor en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid (1857), abandonou o corpo de sanidade da Armada e especializouse en hidroloxía. Dirixiu os balnearios de Marchena e Panticosa e foi inspector xeral de Sanidade. Militou no Partido Liberal e foi deputado polo distrito do Carballiño (1893-1896 e 1898-1899) e senador polas provincias de Ourense (1897-1898) e Lugo (1901-1902), pola Real Academia de Medicina (1903-1904) e senador vitalicio (1905-1907). Dirixiu o Anuario de Hidrología Médica Española. Foi presidente da Sociedad Española de Hidrología, vicepresidente do Consello de Sanidade e membro da Real Academia de Medicina, da Sociedade de Ciências Médicas de Lisboa e da Société Française d’Hygiéne.

ObrasEditar

  • La invasión colérica.
  • El histerismo.
  • Tratado de hidroloxía.

Véxase taménEditar