Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez

mestre galego

Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez, nado en Sar (Santiago de Compostela) o 5 de febreiro de 1862 e finado en Nigrán o 14 de agosto de 1918, foi un mestre galego, membro numerario da Real Academia Galega.

Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez
Nacemento5 de febreiro de 1862
Lugar de nacementoSar
Falecemento14 de agosto de 1918
Lugar de falecementoNigrán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
FillosMarcial de la Iglesia Daviña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

 
Artigo do autor na Revista Gallega n.º 27 (16.07.1899).

Foi director da Escola de Obreiros do Círculo Católico da Coruña, onde ensinaba aos seus alumnos lingua e literatura galega, servindose de dous libros de Florencio Vaamonde Lores, algo nada habitual nesa época.[1] Escribiu algunhas poesías galegas e colaborou en El Pueblo de Baiona e na Revista Gallega de Galo Salinas.[2]

Formou parte da RAG dende o 4 de setembro de 1905, sendo un dos fundadores.[3]

Finou sendo mestre en Nigrán, antes de tomar posesión dunha praza no Concello de Lavadores, que xa tiña asignada.[4]

Obra escrita Editar

  • "Memoria relativa á la Escuela de Obreros del Círculo Católico", 1898.[5]
  • "Necesidad y verdadero fundamento de la educación moral con relación al individuo", 1899, publicado por entregas en Revista Gallega.

Vida persoal Editar

Casou coa coruñesa Matilde Daviña González (nada en 1866), coa que tivo a Dolores, Matilde e Marcial de la Iglesia Daviña.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar