A Marcha Radetzky é unha composición orquestral de Johann Strauss, escrita en 1848. Foi composta na horna ao mariscal de campo austríaco Joseph Radetzky von Radetz, que nunha serie de vitorias, salvou o poder militar de Austria no norte de Italia durante a revolución de 1848 e 1849.

Joseph Radetzky von Radetz.
Marcha Radetzky, duración 2:33

A marcha acadou moita popularidade como expresión do nacionalismo austríaco. Porén, cando posteriormente Radetzky tomou parte na represión do movemento revolucionario en Austria, a marcha chegou a ser considerada como un símbolo reaccionario.

Actualmente, a Marcha Radetzky debe a súa popularidade por ser a peza que pecha o Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker. Durante a interpretación desta obra, a audiencia aplaude ao compás e o director xírase para dirixir o público no canto de facelo coa orquestra.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar