Abrir o menú principal

Marcelino Fernández Vázquez, coñecido como Tino, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 14 de febreiro de 1925 e finado en 2001, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Tino
Información persoal
Nome completo Marcelino Fernández Vázquez
Nacemento 14 de febreiro de 1925
Lugar Oleiros, Galicia
Falecemento 2001 (75 anos)
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1945–1949 Racing de Ferrol 84 (33)
1949–1951 Deportivo da Coruña 53 (21)
1951–1952 Zaragoza 10 (2)
1952–1953 Deportivo da Coruña 23 (7)
1953–1954 Zaragoza 0 (0)
1954 Escoriaza 8 (1)
1954 Xuvenil 9 (4)
1954–1959 Deportivo da Coruña 78 (13)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

TraxectoriaEditar

Na tempada 1945–46 debutou co Racing de Ferrol en Segunda División, da man do adestrador asturiano Amadeo Sánchez. No club da cidade departamental permaneceu 4 campañas, todas en Segunda División. Nestes anos xogou 84 partidos e firmou 33 goles.

Na tempada 1949–50 firmou polo Deportivo da Coruña, en Primeira División, co que logrou o subcampionato de liga nesa campaña, formando parte da dianteira coruñesa xunto con Rafael Franco, Manuel Marquínez e máis secundariamente Rafael Ponce. O seu debut na máxima categoría produciuse na primeira xornada, nun encontro a domicilio contra o Gimnàstic de Tarragona que rematou en derrota (3–2). O seu primeiro gol produciuse na xornada 5, nunha vitoria en Riazor fronte o FC Barcelona (3–0). Na tempada 1950–51, adestrado por Osvaldo "Oso" Díaz, participou en 30 partidos e logrou 16 goles.

Na tempada 1951–52 xogou no Real Zaragoza, para volver na campaña seguinte ao Deportivo.

Na tempada 1953–54 volveu de novo ao Real Zaragoza, desta volta en Segunda División, onde non xogou ningún partido, formando parte do equipo do SD Escoriaza, tamén de Segunda División, a segunda parte da campaña.

Na tempada 1954–55 retornou á Coruña para xogar inicialmente no CD Xuvenil en Segunda División, e posteriormente no Deportivo, en Primeira, adestrado aquel ano polo galego Eduardo Toba. Permaneceu no Deportivo até a campaña 1958–59, en Segunda División.

Véxase taménEditar