Marcela, nada en Roma en 325 e finada na mesma cidade en 410, foi unha dama pertencente á aristocracia romana. Convertida ao cristianismo, fixo parte do círculo de Xerome de Estridón, quen lle dirixiu unha longa serie de epístolas: 23 a 29, 32, 34 e 37, escritas no ano 384; 38 e 40 a 44, escritas en 385; e ademais a epístola 59. Este corpo de epístolas evidencia a importancia que Xerome atribuíu a Marcela na comunidade de Roma.[1] A epístola 127 ad Principiam, escrita por Xerome en 412 logo da morte de Marcela, constitúe unha das principais fontes acreditadas referidas á vida desta aristócrata.

Santa Marcela
Biografía
Nacemento325 en Roma
Pasamento410 en Roma
Proceso de canonización
CanonizaciónAnterior á Congregación
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Igrexa ortodoxa
Igrexas ortodoxas orientais
Festividade31 de xaneiro

Traxectoria editar

Viúva despois de menos de sete meses de matrimonio e sumamente rica,[1] Marcela formaba parte das persoas máis adiñeiras e influentes da cidade. Ninguén se atrevía a criticala nin a enfrontala. Vivía nun palacio no monte Aventino e tiña o costume de reunir arredor dela outras damas aristocráticas, e todas, inspiradas por Xerome de Estridón, vivían unha vida evanxélica e activa, dando socorro aos pobres, curando os enfermos, defendendo todo tipo de escravos. A ese grupo incorporouse Fabiola de Roma quen, logo da súa conversión pública, fundou o primeiro hospital de occidente.[2]

Cando en 410, os bárbaros traídos por Alarico I chegaron a Roma, todas as súas amigas (entre elas, Paula de Roma e a súa familia) partiron a Palestina para atoparse con San Xerome agás ela, que, dicindo que era moi vella, quedou naquel lugar.

Os godos torturárona para facela confesar onde agachaba as súas riquezas, mais xa dera todo aos pobres. Faleceu despois a causa das súas feridas.

A lenda conta que a súa tumba se atopa na Igrexa de Santa María Madalena, xunto á de Maximino de Aix e a da propia María Madalena. En devandita igrexa tamén se atopan os restos de San Camilo de Lelis.

Honras editar

Marcela é festexada o 31 de xaneiro pola Igrexa Católica e figura tamén entre os santos das igrexas orientais.

A obra de arte The Dinner Party inclúe un espazo para Marcela.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Xerome de Estridón (1993). Epistolario de San Jerónimo. I: Cartas 1-85. BAC Normal n.º 219. Edición bilingüe preparada por Juan Bautista Valero (1.ª ed.). Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. p. 936. ISBN 978-84-7914-080-9. 
  2. Stille, Darlene R. (1997). Extraordinary Women of Medicine (en inglés). Nova York: Scholastic Library Publishing. p. 10. ISBN 978-0-516-26145-4. 
  3. Place Settings. Brooklyn Museum. Consultado o 6 de agosto de 2015.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kraemer, Ross S., ed. Maenads, Martyrs, Matrons, Monastics: A Sourcebook on Women's Religions in the Greco-Roman World. 1988; rev. ed., Oxford e Nova York: Oxford University Press, 2004.
  • Wright, F. A., trans. Jerome: Select Letters. 1933; reprint ed., Cambridge, Mass.: Harvard University Press, 1999.

Ligazóns externas editar