Mara Tekach

diplomática estadounidense

Mara Tekach, membro de carreira do Servizo Exterior Sénior (rango do Conselleiro do Ministro), é a Encargada de Negocios na embaixada dos Estados Unidos en Cuba.[1]

Mara Tekach
Alma máterWharton School
Ocupacióndiplomática
editar datos en Wikidata ]

Educación editar

Tekach obtivo o título de Ciencias Económicas na Escola de negocios Wharton, en Pensilvania, un máster de Artes en Asuntos Internacionais da Escola de Asuntos Públicos e Internacionais na Universidade de Columbia e un doutoramento en Educación na Teachers College, Universidade de Columbia.[2]

Carreira editar

Tekach foi voluntaria das Forzas de Paz en Niamey, Níxer antes de unirse ao Servizo Exterior. Inmediatamente antes do seu posto en Cuba, serviu como Subsecretaria Adxunta de Diplomacia Pública para a Oficina de Asuntos Exteriores do Hemisferio Occidental do Departamento de Estado. Outros postos inclúen Subsecretaría para Intercambios Profesionais e Culturais da Oficina de Asuntos Educacionales e Culturais do Departamento de Estado e Vicedirectora de Comunicacións na Misión Diplomática dos Estados Unidos en Nova York.

Controversia en Cuba editar

O 20 de novembro de 2019, Tekach foi acusada de traballar estreitamente co activista cubano José Daniel Ferrer. O goberno cubano considera que o propósito da misión estadounidense en Cuba é promover “relacións bilaterais pacíficas”, pero no canto disto, “a embaixada e particularmente a encargada de negocios enfocáronse en meses recentes no propósito errado de recrutar mercenarios, promovendo división e confusión entre o noso pobo, identificando as áreas da economía contra as cales dirixir medidas coercitivas, e tentando difamar e desacreditar o labor do goberno cubano e a Revolución”. A declaración continúa: “en aberta instigación á violencia”.[3]

A semana antes, a embaixada subiu un vídeo en Twitter mostrando a Tekach con Nelva Ismarays Ortega, quen é parella de Ferrer e líder da Unión Patriótica de Cuba (UNPACU), considerada como a organización opositora máis activa do país. Tekach e Ortega pediron a liberación de Ferrer. O Secretario de Estado estadounidense, Mike Pompeo condenou as acusacións declarando que os Estados Unidos continuaría denunciando o trato de activistas de dereitos humanos en Cuba e afirmou que era un intento de distracción do tratamento dado a Ferrer.

Notas editar

  1. "Chargé d'Affaires Mara Tekach". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  2. "Mara Tekach". Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  3. "Cuban government accuses U.S. chargé d'affaires of illegal actions in Cuba". Consultado o 9 de novembro de 2020.