Mar de Davis
O Mar de Davis (66°00′S 092°00′L / -66.000, -92.000) é unha área do Océano Antártico ao longo da costa da Antártida entre a Barreira de Xeo West e a Barreira de Xeo Shackleton, no sector reclamado por Australia (Territorio Antártico Australiano). Descuberta pola Expedición Antártica Australiana (1911-1914) desde o barco Aurora, foi bautizada en homenaxe a Douglas Mawson polo Capitán J.K. Davis, ao mando do Aurora e segundo ao mando da expedición.
Mar de Davis | |
---|---|
Davis Sea | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() Parcialmente reinvindicado por Australia |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Antártico/ océano Atlántico |
Continente | Antártida |
Illa/s | Illa Drygalski |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar da Cooperación/ mar de Mawson |
Accidentes | |
Características | |
Mapa | |
![]() | |
Localización do mar de Davis nas reinvidicacións antárticas | |
O Mar de Davis baña a Costa do Rei Leopoldo e da Raíña Astrid, as costas da Terra de Guillerme II e da Terra da Raíña María. Neste mar atópase a Illa Drygalski e nas súas costas está a base rusa Mirny.