O Mar de Ceram ou Mar de Seram (indonesio: Laut Seram) é un dos varios mares pequenos entre as illas dispersas de Indonesia. É unha sección do océano Pacífico cunha superficie de aproximadamente 12.000 quilómetros cadrados situados entre Buru e Ceram, que son dúas das illas chamadas Molucas do Sur. Estas illas son o hábitat nativo de plantas moi desexadas polo seu uso como especias, como noz moscada, cravo e pementa negra, e os mares que os rodean foron frecuentadas rutas marítimas. O Mar de Ceram tamén é o hábitat de varias especies de goby tropical e moitos outros peixes. Do mesmo xeito que moitos outros pequenos mares indonesios, o Mar de Ceram é rochoso e moi activo tectónicamente.

Mar de Seram
Laut Seram
Localización administrativa
Estado Indonesia
DivisiónProvincias de Molucas, Molucas Setentrional e Papúa Occidental
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
ArquipélagoIllas Molucas
Illa/sIlla de Nova Guinea, Buru (9.505 km²), Ceram (17.100 km²), Illas Sula, Obi (2.520 km²) e Misool (2.034 km²)
Coordenadas2°20′S 128°00′L / -2.333, -128.000
Xeografía
Mares contiguosMar de Arafura (S), mar das Molucas (N), mar de Halmahera (N) e mar de Banda (S e O)
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Berau (Nova Guinea)
EstreitosEstrecho de Manipa (mar de Banda)
Características
Superficie12.000 km²
Profundiade máxima5.315 m
Mapa

Localización do mar de Ceram

Antigamente, o mar de Ceram era coñecido como paso Pitt.

Extensión editar

A Organización Hidrográfica Internacional (OHI) define o Mar de Ceram como unha das augas do Arquipélago das Indias Orientais. A OHI define os seus límites como segue:[1]

No Norte e Nordés. Unha liña desde Tanjong Dehekolano, o extremo oriental das illas Soela [Sula] ata o extremo oeste de Obi, ao longo da súa costa sur ata Tanjung Serammaloleo seu extremo oriental, desde alí a través das illas Tobalai, Kekeh, Pisang e Kofiau ata Tanjong Sele (1°26′S 130°55′L / -1.433, -130.917, o punto occidental de Nova Guinea, baixando pola costa ata Karufa (3°51.5′S 133°27′L / -3.8583, -133.450 ).
No sueste. Unha liña desde Karufa, Nova Guinea, ata o extremo sueste da illa Pulau Adi, desde alí a Tanjung Borang, a punta norte de Pulau Nuhuyut [Kai Besar] (5°17′S 133°09′L / -5.283, -133.150).
No suroeste e no sur. Desde o punto norte de Pulau Nuhuyut (Groot Kai) a través das illas Watubela e Gorong ao extremo sueste de Ceram, ao longo da súa costa norte ata Tanjung Tandurubesar, o punto do Noroeste, desde alí unha liña ata Tanjung Baturuhan, o extremo norte de Buru [Buru] e a o longo da costa ata Tanjung Palpetu, o punto noroeste da illa.
Occidente. Unha liña desde Tanjung Palpetu ata Tanjung Waka, a punta sur de Pulau Sanana, a través desta illa ata o seu punto norte, e desde alí a través do estreito de Mangoli ata a costa sur de Mangole (Illas Sula) en [1°56′S 125°55′L / -1.933, -125.917].

Notas editar

  1. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar