María del Valle

política galega

María del Valle Lozano, coñecida como María de Beiro, nada en Ourense en 1888 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha política galega.

Infotaula de personaMaría del Valle

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 1937 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Mosteiro de Ribeira, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel Gómez del Valle Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11071

Traxectoria

editar

Nai de Manuel Gómez del Valle, colaboradora de obras benéficas e relixiosas, estaba afiliada ao PCE. Foi detida en 1937 por pedir a conmutación da pena capital para o seu fillo. Internada no cárcere de Celanova, de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda Salud Torres Díaz. Destrozárolle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver apareceu en Lomba de Lamas e foi trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.[1]

En xullo de 2019 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica iniciou a recuperación dos seus restos.[2]

Recoñecementos

editar
  • Antón Tovar dedicou o conto “A grande ilusión" a Manuel Gómez del Valle e á súa nai María.
  • Claudio Rodríguez Fer escribu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar