María del Patrocinio Armesto Alonso

química galega


María Patrocinio Armesto Alonso, nada en Alcañices (Zamora) en 1906[1] foi unha química vinculada a Galicia e pertencente ao Instituto Nacional de Física y Química (INFQ).[2]

Infotaula de personaMaría del Patrocinio Armesto Alonso
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1906 Editar o valor em Wikidata (117 anos)
Alcañices, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , profesora de ensino secundario Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Realizou os estudos de bacharelato en Ourense[1] e proseguiu os estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1927. Posteriormente trasladouse a Madrid para continuar a súa formación na Facultade de Ciencias da Universidade Central.[1]

Foi colaboradora do Instituto Nacional de Física y Química, situado no edificio Rockefeller, na sección de electroquímica dirixida por Julio Guzmán.[2][3] Tamén aparece como socia da Sociedade Española de Física e Química, publicando 27 traballos nos Anales da SEFQ.[3][4]

Traballou como profesora de ensino medio de Ciencias Naturais do Instituto Cisneros[4] e doutros centros, entre eles o de Pontevedra, Tui e Ourense, atopándose no curso 1942/1943 como encargada de curso neste último.[1][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cid Galante, Rosa María (2009-03-05). "Historia das nosas mulleres ourensás: María del Patrocinio Armesto Alonso". Historia das nosas mulleres ourensás. Consultado o 2021-01-01. 
  2. 2,0 2,1 Magallón Portolés, Carmen (1998). Pioneras españolas en las ciencias : las mujeres del Instituto Nacional de Física y Química. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-07773-0. OCLC 41135686. 
  3. 3,0 3,1 Pintos (2016)
  4. 4,0 4,1 Poveda San, María (2014-04-08). "Mujeres y segunda enseñanza en Madrid (1931-1939). El personal docente femenino en los institutos de bachillerato" (en castelán). Madrid: Universidade Complutense de Madrid. 
  5. Región, La (2017-10-23). "Fidel reconoce la muerte del Che". La Región (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar