María de la Concepción Rof Carballo
Concepción Rof Carballo, nada na Coruña en 1913 e finada en Barcelona en 2014,[1] foi unha farmacéutica galega e profesora de Historia da Farmacia na Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() |
Morte | 2014 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, farmacéutica ![]() |
Traxectoria
editarConcepción Rof Carballo era flla de Juan Rof Codina, un dos principais impulsores da veterinaria en Galicia, e de Micaela Carballo. Estudou bacharelato no Instituto de Santiago. posteriormente cursou estudos de Farmacia e de Física en Santiago, Madrid e Barcelona. Foi socia da Sociedade Española de Física e Química (SEFQ).[2]
Traballou no Instituto Nacional de Física e Química, na sección de Química-física dirixida por Enrique Moles.[3][4] Doutorouse en Farmacia en 1971 co traballo “Biografía y labor docente de Francisco Carbonell y Bravo” na Universidade de Barcelona, e foi catedrática de Historia da Farmacia nesta universidade e membro da Real Academia de Farmacia de.Cataluña.
Notas
editar- ↑ "DOÑA MARÍA CONCEPCIÓN ROF CARBALLO : Fallecimiento". enmemoria.lavanguardia.com. Consultado o 2021-03-28.
- ↑ 2,0 2,1 Pintos (2016)
- ↑ Núñez Valdés, Juan; Carbonell Coronado, Carmen (2010). 100 años de derechos : la primera mujer española doctora en física. Unidad para la Igualdad, Universidad de Sevilla. ISBN 978-84-693-7982-0.
- ↑ Magallón Portolés, Carmen (1997). "Mujeres en las ciencias físisco-químicas en España: el Instituto Nacional de Ciencias y el Instituto Nacional de Física y Química (1910-1936)". Llull: Revista de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas 20 (39): 529–574. ISSN 0210-8615.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pintos Barral, Xoana (2016). As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960.