Concepción Burgo

historiadora e política galega
(Redirección desde «María de la Concepción Burgo López»)


María Concepción Burgo López, nada en Monforte de Lemos o 9 de xuño de 1958,[1] é unha historiadora, profesora universitaria, e política galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaConcepción Burgo
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalLicenciada en Xeografía e Historia, Doutora en Historia
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónhistoriadora, profesora universitaria e política
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 169522

Traxectoria editar

Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e doutorouse en Historia na mesma Universidade en 1986, lendo a tese Un dominio monástico femenino en la Edad Moderna: el monasterio benedictino de San Payo de Antealtares, dirixida polo doutor Antonio Eiras Roel.[2]

Desde 1991 a 1993 foi a directora do Colexio Universitario de Lugo da Universidade de Santiago.[3]

Despois da transformación de dito Colexio Universitario no Campus de Lugo da USC, foi nomeada, en 1989, Profesora Titular de Historia Moderna, do Departamento de Historia Medieval, Moderna e Contemporánea, na Facultade de Humanidades de Lugo.[4] Até o ano 2003 foi decana de dita Facultade.[3]

Nese mesmo ano formou parte da candidatura do PSOE ao Concello de Lugo, no que foi tenente de alcalde, encargada da área de Cultura, Turismo e Educación até o ano 2010. Nese período puxo en marcha o Centro de Interpretación da Muralla.[1]

Desde o 2005 até 2020 foi deputada polo PSOE do Parlamento de Galicia,[1] da que foi vicesecretaria.[5]

É autora de estudos sobre Galicia na Idade Moderna, algúns deles referidos á historia da cidade de Lugo.[3]

Algunhas publicacións editar

Libros editar

Colaboración editar

Artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Palacios, Xosé María (3 de novembro de 2022). "Concepción Burgo, 15 años diputada autonómica: «La política no se deja nunca»". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de novembro de 2022. 
  2. USC. Invesrtigación. María Concepción Burgo López.
  3. 3,0 3,1 3,2 María Concepción Burgo López en "Galegos". galiciadigital.com.
  4. BOE núm. 241, de 7 de octubre de 1989, página 31634,
  5. Parlamento de Galicia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar