María Xosé Lamas
María Xosé Lamas, nada en Vilalba en 1961, é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Vilalba, España |
Formación profesional | Maxisterio, Filosofía e Ciencias da Educación |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Traxectoria
editarDiplomada en Profesorado de Primaria, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Posgrao en Educación Musical, Grao Elemental en piano do Conservatorio Profesional Municipal de Vilalba no que continúa estudos de Grao Medio, é profesora de Educación Musical no CEIP M. Mato Vizoso de Vilalba
Dende 1979 participa no ámbito do teatro afeccionado, como actriz en diversas producións, como autora de máis dunha vintena de obras, a maioría estreadas, así como realizando traducións e adaptacións; e dirixindo diversas compañías: Grupo de teatro da A.C. Monseivane, Centro Dramático Vilalbés e Escola de Teatro do CDV (dende 1999). Así mesmo, leva a cabo diversas actividades no eido da pedagoxía teatral, a cargo de programas de teatro escolar con alumnado de educación infantil, primaria e secundaria.
Obras
editarPoesía
editar- Catro palabras caladas, 2001, edición da autora.
- Cartafol de nostalxias, 2002.
- Ao norte do camiño, 2004, Caderno de Estudos Chairegos.
- Datando lembranzas, 2004, Fundación Manuel María.
- Con Fausto, por este río acima, 2010, Instituto de Estudios Chairegos.
- Sonetos preposicionais, 2017, Alvarellos.
Literatura infanto-xuvenil
editar- Cantigas para aprender a soñar, 2016, Embora.
Teatro
editar- Un corvo en Caldaloba (2022). Medulia. 48 páxs. ISBN 978-84-19438-00-3.
Obras colectivas
editar- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
editar- Accésit no Certame Literario do Concello de Vilalba no 2002, polo poemario Cartafol de nostalxias.
- Premio de poesía no Certame Literario do Concello de Vilalba en 2003, por Tempos verbais.
- Premio Arume de poesía para nenos no 2013, por Cantigas para aprender a soñar.
- Segundo premio do XLII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2016, por Sonetos preposicionais.