Abrir o menú principal

María Xosé Agra Romero, nada en Santiago de Compostela [1] o 11 de febreiro de 1956, é unha filósofa galega especialista en filosofía política e teoría crítica feminista. É membro da comisión de xénero do Consello da Cultura Galega.

María Xosé Agra
Nome completoMaría José Agra Romero
Nacemento11 de febreiro de 1956
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilósofa
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Sección Filosofía e Doutora en Filosofía e profesora de Filosofía moral e política da Universidade de Santiago de Compostela. Traballa en Filosofía política, teorías de xustiza e teoría crítica feminista. Desde 2007 é Catedrática de Filosofía Moral e Política da Universidade de Santiago de Compostela.[2][3]​​ É coordinadora do Grupo de Investigación " Xustiza e Igualdade" da USC e membro do Centro de Investigacións Feministas de Estudos de Xénero (CIFEX) da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de membro do plenario do Consello de Cultura Galego.[3]​ É especialmente coñecida polos seus traballos no ámbito da Filosofía Política e a Teoría crítica feminista. Investigou sobre a vulnerabilidade humana, xustiza e igualdade. Okin, Iris Marion Young, Adriana Cavarero, Judith Butler ou Shklar son algunhas das autoras sobre as que reflexiona para expor a complexidade das raíces dos desequilibrios da nosa sociedade.[4]

Integrouse no grupo de investigadoras do proxecto «Feminismo, Ilustración y Multiculturalidad: procesos de ilustración en el Islam y sus implicaciones para las mujeres», dirixido pola doutora Celia Amorós Puente.[5]

En¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad (2016) a filósofa realiza unha análise exhaustiva das complexas relacións no mundo contemporáneo entre xustiza e igualdade, desde un punto de vista que a autora considera privilexiado, a crítica feminista.[6]

ObrasEditar

  • ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad (2016) Santiago de Compostela: USE Editora.
  • Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán (2011) ISBN 978-84-9914-232-6
  • En torno a la justicia (1999) María José Agra, Luis G. Soto, Cristina Caruncho Michinel
  • Feminismo y filosofía (2000). Celia Amorós y María Xosé Agra [1]
  • Ecología y feminismo (1998) ISBN 978-84-8151-578-7 (compiladora)
  • Corpo de muller: discurso, poder, cultura. Obra colectiva. (1997) ISBN 978-84-87847-87-5 (editora)
  • J. Rawls (1985) ISBN 978-84-7191-352-4

ArtigosEditar

  • "Ciudadanía, feminismo y globalización" (2008).[7]
  • "Ciudadanía: ¿Un asunto de familia?" Isegoría (2008).[8]
  • "Del sexo y del género: epistemología y política (2017). Anuario de literatura comparada 1616. Universidade de Salamanca.[9]

NotasEditar

  1. "Curriculum Vitae normalizado. María José Agra Romero" (PDF). www.ucm.es. Consultado o 23/01/2018. 
  2. "Horario del profesor. Facultad de Filosofía. USC". www.usc.es. Consultado o 2019-01-23. 
  3. 3,0 3,1 "María Xosé Agra Romero no Consello da Cultura Galega". consellodacultura.gal. Consultado o 2019-01-23. 
  4. CEA. "Seminario con María Xosé Agra Romero – Centro de Ética Aplicada" (en castelán). Consultado o 2019-01-23. 
  5. "María Xosé Agra Romero. Xénero e Documentación". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-23. 
  6. Campillo, Neus (2018-06-06). "AGRA ROMERO, María Xosé (2016): ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad., Santiago de Compostela: USE Editora.". Daimon Revista Internacional de Filosofia (en castelán) (74): 194–198. ISSN 1989-4651. doi:10.6018/daimon/282611. 
  7. "Feminismo y globalización" (PDF). cdd. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23/01/2019. Consultado o 23/01/2019. 
  8. "Ciudadanía: ¿Un asunto de familia?". isegoria.revistas.csic.es. Consultado o 23/01/2019. 
  9. Romero, María Xosé AGRA (2018-12-31). "Del sexo y del género: epistemología y política". 1616: Anuario de Literatura Comparada (en castelán) 7 (0): 87–106–106. ISSN 2445-2262. 

Véxase taménEditar