María Victoria Atencia

poeta española


María Victoria Atencia García, nada en Málaga o 28 de novembro de 1931, é unha poeta española pertencente á Xeración de 1950. O seu corpus poético está dotado de gran personalidade e elevado sentido estético.[1] A súa obra mestura clasicismo (especializada no verso alexandrino) e modernidade. É grande admiradora de Rainer Maria Rilke, de grande importancia na súa poética.

Infotaula de personaMaría Victoria Atencia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
MovementoXeración de 1950 de Literatura española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmvatencia.com Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 266131

Traxectoria editar

Educada en colexios relixiosos, desde nova amosou inclinación pola poesía, a pintura e a música. Aos vinte e catro anos casou con Rafael León, quen se converteu no seu editor.

É membro da Real Academia de Belas Artes de San Telmo e correspondente das Reais Academias de Cádiz, Córdoba, Sevilla e San Fernando. Conselleira do Centro Andaluz de las Letras da Xunta de Andalucía, da Fundación de la Generación del 27 de Madrid, do Centro Cultural Generación del 27 de Málaga, da Fundación María Zambrano (Vélez-Málaga), e da Honorary Associate of The Hispanic Society of America de Nova York.

Recoñecementos editar

En 1998 concedéuselle o Premio Andalucía de la Crítica e o Premio Nacional da Crítica. En 2000 recibiu o Premio Luis de Góngora das Letras Andaluzas. En 2010 foi galardoada co VII Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca.

En 2012 recibiu o Premio Real Academia Española de creación literaria por El umbral. En 2014 gañou o XXIII Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana.

En 2012 foi proposta por Soledad Puértolas, Inés Fernández Ordóñez e Luis María Ansón para a cadeira n da Real Academia Española, vacante tras a morte de Valentín García Yebra, se ben foi elixida Carme Riera.

É Filla Predilecta de Andalucía, Medalla de Ouro da provincia de Málaga, doutora Honoris Causa pola Universidade de Málaga. Foi nomeada Autora do Ano 2014 polo Centro Andaluz de las Letras (Xunta de Andalucía). Na súa cidade natal levan o seu nome unha avenida, un instituto e o Centro Cultural Provincial[2].

Obra editar

  • Arte y parte (1961)
  • Cañada de los ingleses (1961)
  • Marta & María (1976)
  • Los sueños (1976)
  • El mundo de M. V. (1978)
  • El coleccionista (1979)
  • Ex libris (1984)
  • Compás binario (1984)
  • Paulina o el libro de las aguas (1984)
  • Trances de Nuestra Señora (1986)
  • De la llama en que arde (1988)
  • La pared contigua (1989)
  • La señal (1990)
  • La intrusa (1992)
  • El puente (1992)
  • Las contemplaciones (1997), Premio Andalucía da Crítica e Premio Nacional da Crítica 1998.
  • Las niñas (2000)
  • El hueco (2003)
  • De pérdidas y adioses (2005)
  • El umbral (2011), Premio Real Academia Española 2012.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar