María Teresa Toral

María Teresa Toral Peñaranda, nada en Madrid en 1911 e finada na mesma cidade en 1994, foi unha química, farmacéutica e artista gravadora española.

Infotaula de personaMaría Teresa Toral
Biografía
Nacemento20 de maio de 1911 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1994 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Madrid
Actividade
Ocupaciónquímica , farmacéutica , gravadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto-Escuela Editar o valor em Wikidata
ProfesoresEnrique Moles Ormella (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Madrid, nunha familia numerosa e acomodada. Iniciouse en estudos de música e arte por tradición familiar, pero pronto sorprendeu a todos interesándose pola Ciencia. A súa ilusión era estudar Química, seguindo o exemplo de Marie Curie, a quen admiraba. Estudou Ciencias Químicas e Farmacia na Universidade Central de Madrid, onde se licenciou en 1933 con premio extraordinario.

Foi axudante de clases prácticas de Enrique Moles e xuntos realizaron un intenso labor de investigación sobre a determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos. O equipo de Moles, coñecido como “Escola de Madrid”, era considerado internacionalmente como o mellor laboratorio para a determinación fisicoquímica de pesos moleculares e atómicos.[1]

María Teresa construía os seus sofisticados equipos de vidro, cos que podía proporcionar valores dos pesos atómicos cunha precisión moi elevada, esixida polo desenvolvemento da Física e a Química a nivel atómico. Os seus traballos permitíronlle recibir unha pensión da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para estudar no Reino Unido, pero non puido gozala polo estalido da guerra civil española, en que se situou como outros investigadores do Instituto, a favor do goberno republicano.[2] Despois do conflito foi condenada a doce anos de prisión pola ditadura franquista, acusada de participar na fabricación de armamento para o exército republicano, aínda que non cumpriu a pena integramente. Ingresou na Cárcere de Ventas, o 13 de xuño de 1939 onde viviu situacións difíciles de esquecer.[3]

Unha vez liberada moveuse en círculos antifranquistas, o que lle supuxo unha nova condena en 1945. O seu segundo proceso, no que lle pedían pena de morte, tivo gran resonancia e o Comité Internacional de Mulleres Antifascistas solicitou comparecer no xuízo.[3] Á vista oral asistiu Irène Joliot-Curie, Premio Nobel de Química. Isto demostra o recoñecemento científico que lograra María Teresa, á que chamaban a Lise Meitner española.[4]

En 1956 exiliouse en México, onde foi profesora de Química e Bioquímica na Universidade Nacional Autónoma de México e o Instituto Politécnico Nacional. Tamén traballou como tradutora de textos científicos e desenvolveu a súa faceta artística, converténdose nunha das gravadoras máis grandes do seu tempo. Diversos museos dos Estados Unidos e Europa posúen obras de María Teresa nos seus fondos. En México país onde viviu moitos anos, deixou unha grande escola de gravado ensinando a moitos artistas esta técnica; ademais foi amiga de moitos gravadores e artistas famosos da súa época. Retornou a España en 1994, uns meses antes da súa morte.[5]

Achegas científicas editar

  • M.ª Teresa Toral. "Curva de presións de vapor do nitrobenceno", Anais da Sociedade Española de Física e Química XXXI: 735 (1933).
  • M.ª Teresa Toral. "Obtención do exaclorodisilano", Anais da Sociedade Española de Física e Química XXXIII: 225-8 (1935).
  • M.ª Teresa Toral. "Acta da sesión do 1 de marzo de 1935, presidida por D.A. do Campo", Anais da Sociedade Española de Física e Química XXXIII: 157 e 159.
  • Enrique Moles e M.ª Teresa Toral. "As relacións molares... Nova relación dos pesos atómicos do carbono e o nitróxeno", Anais da Sociedade Española de Física e Química XXXV: 43 (1937).
  • M.E. Moles, M.ª T. Toral & M.A. Escribano. "A densité limite du gaz SiO2.Poids atomique du sofre", Comptes rendues 206: 1726 (1938).

Recoñecementos editar

  • En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional María Teresa Toral, na área de ciencia e tecnoloxía químicas.[6]

Notas editar

  1. Magallón Portolés, Carmen. (D.L.2004). Pioneras españolas en las ciencias : las mujeres del Instituto Nacional de Física y Química. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-07773-0. OCLC 1025193919. 
  2. Toral Peñaranda. María Teresa Toral Peñaranda. La voluntad de investigar y crear, 1911-1944. Asociación Cultural Enrique Toral y Pilar Soler, Alcalá la Real (Jaen). ISBN 978-84-89014-58-9. 
  3. 3,0 3,1 "María Teresa Toral, la ciencia encarcelada". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-12-28. Consultado o 2020-03-22. 
  4. Rodrigo. Una mujer silenciada, María Teresa Toral, ciencia, compromiso y exilio. Ed. Ariel. ISBN 978-84-344-0073-3. 
  5. Toro Muñiz, M. Carmen; Toro Muñiz, Isabel (2011). "María Teresa Toral Peñaranda (1911-1994)" (PDF). Pasaje a la ciencia (en castelán) (4): 121–125. ISSN 1988-5792. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 06 de febreiro de 2020. 
  6. "La Moncloa. 26/05/2022. El Ministerio de Ciencia e Innovación crea los Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]". www.lamoncloa.gob.es (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rodrigo, Antonina (2012). Una mujer silenciada, María Teresa Toral, ciencia, compromiso y exilio. Ed. Ariel. ISBN 978-84-344-0073-3.
  • Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.

Ligazóns externas editar