María Teresa Ruiz Cantero

catedrática de Medicina Preventiva e Saúde Pública e investigadora

María Teresa Ruiz Cantero, nada en Melilla, é unha catedrática de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Alacante e investigadora, especializada en prevención e saúde pública con perspectiva de xénero.

Modelo:BiografíaMaría Teresa Ruiz Cantero
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Melilla, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Alacant Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSaúde pública, saúde da mulher (pt) Traducir e epidemioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Alacant
Center for Biomedical Research in Epidemiology and Public Health Network (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4866434 Dialnet: 593857

Traxectoria

editar

Ruiz Cantero é licenciada e doutora en Medicina e Cirurxía e máster en Saúde Pública. É tamén catedrática de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Alacante. Investigadora do Grupo de Determinantes Sociais da Saúde do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemiología e Saúde Pública (CIBERESP) desde os seus comezos en 2006.[1]

Foi profesora en Medicina até o ano 1997 na Universidade de Alacante.[2] En 2019 publicou Perspectiva de xénero en medicina, un monográfico que analiza os diferentes nesgos de xénero que interveñen tanto na investigación como no diagnóstico das enfermidades e o seu posterior tratamento en distintas ramas da Medicina: cardioloxía, pneumoloxía, pediatría…[3]

Segundo a catedrática, existe discriminación nos diagnósticos e tratamentos entre homes e mulleres, hai diferenzas moi claras entre os dous sexos na atención sanitaria que evidenciou que, en xeral, hai unha maior demora na atención sanitaria ás mulleres.[4][5][6] “Existen moitas diferenzas de xénero nos ensaios clínicos. As mulleres non están representadas”.[7] Estas diferenzas entre mulleres e homes tamén se establecen, segundo Ruiz Cantero, na expresión, percepción e valoración da gravidade da dor.[8][9][10]

  • Perspectiva de género en medicina, 2019.[11][12]
  • Mujeres y ensayos clínicos[13].
  • Medicina: guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.[14]
  1. "Mª Teresa Ruiz Cantero" (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  2. "RUIZ CANTERO, MARIA TERESA". Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  3. "María Teresa Ruiz Cantero: “Hay muchos médicos y médicas que son conscientes de que ya no vale el modelo de talla única”". 27 de xuño de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  4. Borroy, Ana Sánchez. "“Hay una mayor demora en la atención sanitaria a las mujeres”" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  5. "La discriminación de género de la Medicina incide en la mortalidad femenina" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  6. "María Teresa Ruiz Cantero: «No tener en cuenta el género al diagnosticar hace que mueran más mujeres»" (en castelán). 17 de agosto de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  7. https://navarracapital.es/humans.txt (10 de decembro de 2019). "Un impulso contra la brecha de género en la investigación" (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  8. "Expertos reclaman aplicar la perspectiva de género en el tratamiento del dolor" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2020. 
  9. "Día del Dolor: El 11% de la población sufre dolor crónico" (en castelán). 16 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  10. "La incidencia de dolor crónico aumenta por el envejecimiento de la población" (en castelán). 18 de outubro de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  11. "Perspectiva de género en medicina | Ciencia y más" (en castelán). 4 de junio de 2019. Consultado o 12 de febrero de 2020. 
  12. Ruiz Cantero, María Teresa. Perspectiva de género en medicina. ISBN 9788494720451. OCLC 1120564837. Consultado o 23 de octubre de 2019. 
  13. Chilet Rosell, Elisa.; Centre d'Estudis sobre la Dona (Universitat d'Alacant) (DL 2009). Mujeres y ensayos clínicos. Centro de Estudios sobre la Mujer. Universidad de Alicante. ISBN 9788479088248. OCLC 804338130. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  14. "Medicina". Consultado o 2020-11-07. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar