María Teresa Pérez

cantante galega

María Teresa Pérez Guerra, coñecida como Tara, nada na Coruña o 23 de agosto de 1950, é unha excantante galega. Pioneira en Galicia do rhythm and blues e o soul, acadou fama a comezos da década de 1970, cunha breve carreira que incluíu a publicación dun disco e varios sinxelos.

Infotaula de personaTara
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata

Discogs: 1227384 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Artista precoz, aos 11 anos gañou un concurso radiofónico dunha emisora local da Coruña.[1] Estudou na súa cidade natal Decoración e Cerámica, antes de trasladarse a Barcelona e posteriormente a Madrid. En xuño de 1970 publicou a través de Polydor o seu primeiro dobre sinxelo (Happy/El Amor de Una Mujer), que constou de dúas versións de temas de William Bell e dos irmáns Barry e Maurice Gibb (membros dos Bee Gees).[1] Ese mesmo ano saíu á luz o seu primeiro e único álbum, titulado En Directo Desde J&J, un disco próximo ao rock e ao soul e que foi gravado na discoteca madrileña J&J. O traballo, que incluíu interpretacións de temas como "Son of a preacher man” de Dusty Springfield, “Think” de Aretha Franklin ou "My man" de Billie Holiday, lanzouna inmediatamente á fama, facéndose unha habitual de Televisión Española.[2] Antes de que rematase o ano publicou un novo sinxelo (Somebody/Lonely People), formado por dous temas compostos por Teddy Bautista.[1]

En febreiro de 1971 presentouse ao concurso de preselección para o Festival de Eurovisión, participando co tema "Palabras" de Juan Pardo.[3] A continuación puxo fin a súa carreira musical, á que só regresou brevemente en 1974 coa publicación dun novo sinxelo con dous temas (“Sálvame" e "Algo o alguien como yo”).[1] En 1993 Polydor lanzou un disco que recollía tódalas súas gravacións anteriores, así como unha versión do "Never, never leave me" de Mary Wells e un tema inédito: "Mis pensamientos".

Discografía editar

Álbums editar

  • En Directo Desde J&J (1970).

Sinxelos editar

  • Happy / El Amor de Una Mujer (1970).
  • Somebody / Lonely People (1970).
  • Sálvame / Algo o Alguien Como yo (1974).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Tara" (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2023. 
  2. Discópolis (21 de xullo de 2016). Los sesenta 89: Tara-Generación 49 (Radio 3) (en castelán). 
  3. TARA - Palabras (Festival Cancion 71) (YouTube). 28 de abril de 2018.