María Teresa Lamata Jiménez

profesora universitaria española

María Teresa Lamata Jiménez, nada en Logroño en 1952, é unha investigadora e catedrática de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade de Granada. Na súa labor profesional salientaou a súa defensa do papel da muller nas disciplinas TIC, á parte do seu papel destacado como investigadora na área. É licenciada en matemáticas e doutora en ciencias pola Universidade de Granada.

Modelo:BiografíaMaría Teresa Lamata Jiménez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Logroño, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIntelixencia artificial e toma de decisións Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Luis Verdegay Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 2004716

Traxectoria profesional

editar

Accedeu á cátedra no ano 2008. Con anterioridade foi profesora titular de universidade en Granada e profesora contratada na Universidade de Málaga. No presente é a directora do Grupo de Investigación sobre Modelos de Decisión e Optimización.

Traxectoria investigadora

editar

A súa investigación céntrase na área da toma de decisións. Dirixiu varios proxectos de investigación en convocatorias públicas rexionais e nacionais e ten participado en proxectos docentes e científicos da Unión Europea. Asemade, dirixiu varias teses doutorais na Universidade de Granada, Universidade Politécnica de Cartaxena e Técnica da Habana. É membro habitual dos comités de programa dos congresos científicos da súa especialidade.