María Teresa González

escritora española

María Teresa González Fernández, nada en Xixón o 28 de novembro[1] de 1950 e finada na mesma cidade o 23 de maio[2] de 1995, foi unha escritora asturiana.

Infotaula de personaMaría Teresa González
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1950 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 1995 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscritor, Literatura em asturiano (pt) Traducir, Escrita creativa e profesional e literatura española Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada na parroquia de Tremañes do concello de Xixón. Con dezasete anos entrou como aprendiz na empresa de aplicacións eléctricas CRADY; e alí seguiu a traballar ata o seu peche en 1987. Canda o seu marido, Vicente García Oliva, foi unha das fundadoras do núcleo xixonés de Conceyu Bable en 1975. Escribiu os seus primeiros poemas arredor de 1984 e gañou diversos concursos literarios aparecendo a súa poesía en diferentes publicacións periódicas.

En 1987 publicou o seu primeiro libro, a escolla poética Collaciu de la nueche, e con 37 anos principiou a estudar auxiliar de clínica nun centro de formación profesional, logo traballou nun centro de atención de discapacitados psíquicos e como coidadora do Inserso[3]. En 1993 apareceu o seu terceiro poemario Heliocentru e en 1994 o seu primeiro e único libro de relatos La casa y otros cuentos. Faleceu en Xixón en 1995 logo dunha longa enfermidade.

Está representada en diferentes escolmas, como poeta e mais como narradora: Antoloxía poética del Surdimientu (1989), El secretu de la lluvia (1992), La patria de la piel (1992), Antoloxía del cuentu asturianu contemporaniu (1994), Muyeres que cuenten (1995) e Les muyeres y los díes de la poesía asturiana contemporánea (1995). En 1996, o Ateneo Obrero de Xixón deu ao prelo a súa poesía completa, na colección «Tiempu de cristal». Foi colaboradora habitual das revistas  Lletres Asturianes e  Lúnula. En 2008 a XXIX Selmana de les Lletres Asturianes estivo dedicada á súa obra e con ese motivo a editorial Trabe publicou as súas obras completas.

Obra editar

  • Collacio de la nueche. — ed. autor, 1987
  • Ochobre. — Azucel: Avilés, 1989
  • Con húmedos lamentos de felino. — Sociedad Cultural Gesto: Xixón, 1990 (premio Cálamo de poesía erótica, en castelán)
  • Heliocentru. — La Currimanxa: Turón, 1991. (2ª ed. Academia de la Llingua Asturiana: Uviéu, 1993)
  • La casa y otros cuentos. — Trabe: Uviéu, 1994
  • Poesía completa. — Atenéu Obreru: Xixón, 1996
  • Mª Teresa González. Obras completas Trabe: Uviéu, 2008

Notas editar