María Seoane Romero

avogada e expolítica galega

María Seoane Romero, nada en Santiago de Compostela o 27 de xuño[1] de 1981, é unha avogada e expolítica galega do PPdeG[2].

María Seoane Romero
Nacemento27 de xuño de 1981
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica e avogada
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou no colexio Pío XII, no instituto Arcebispo Xelmírez I e despois Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ser diplomada polo Seminario de Estudos de Defensa CESEDEN-USC, con especialización no estudo das guerrillas colombianas.

Traballou coma asesora cultural e para a xestión económica da Fundación Valle–Inclán dende o 2004 ata o 2009.

Afiliouse ó Partido Popular de Galicia con 18 anos e dende entón colaborou en Novas Xeracións, primeiro coma vogal na xunta local de Santiago de Compostela, onde tivo responsabilidades na área de asociacionismo e formación, máis tarde como coordinadora de Muller e Asuntos Sociais de Galicia e dende maio de 2005 como coordinadora xeral. Tamén integra a xunta directiva do PPdeG dende 2006. Accedeu á Presidencia Rexional de Novas Xeracións de Galicia en decembro de 2006, cargo que ostentou ata o ano 2010. Foi membro da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia dende 2006.

Foi membro do Consello da Xuventude de Galicia do 2005 ó 2007, sendo a Secretaria de Ensino e Voluntariado, concelleira do Concello de Santiago de Compostela entre 2007 e 2011 e deputada autonómica polo PPdeG no Parlamento de Galicia dende 2009.

Colaborou na revista dixital Vieiros[3] e mais en Galicia Confidencial[4], e publicou o libro Dona dun verso feito son.

Notas editar

  1. "Hoy cumplen años". El Correo Gallego. 26 de xuño de 2014. 
  2. Elisa Álvarez (6 de xaneiro de 2014). "«Me apasiona Churchill»". La Voz de Galicia. 
  3. "Poder progresista". Vieiros. 22 de xuño de 2007. 
  4. "O antebrazo de Zapatero". Galicia Confidencial. 21 de outubro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar