María Sánchez Arbós
María Sánchez Arbós, nada en Huesca o 31 de outubro de 1889 e finada en Madrid o 15 de agosto de 1976, foi unha mestra e pedagoga española vencellada á Institución Libre de Enseñanza.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1889 Huesca, España |
Morte | 15 de agosto de 1976 (86 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid 40°25′18″N 3°38′05″O / 40.421706, -3.634669 |
Educación | Residencia de Señoritas |
Actividade | |
Ocupación | mestra, pedagoga |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Ontañón |
Fillos | María Juana Ontañón |
Traxectoria
editarFoi filla de Manuel Sánchez Montestruc, secretario do Concello de Huesca, e de Paciencia Arbós Campaña. En 1920 casou con Manuel Ontañón, cuxo pai, José Ontañón Arias, era xestor e profesor da Institución Libre de Enseñanza. O matrimonio tivo cinco fillos, entre eles a arquitecta María Juana Ontañón.[2]
Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Huesca e na Escola Superior de Mestras de Zaragoza, na que obtivo o título superior de mestra en 1911.
En 1912 superou as oposicións convocadas polo Reitorado de Madrid e obtivo praza na escola de San Ildefonso (Segovia). Ao ser unha localidade próxima a Madrid puido asistir a conferencias e exposicións. Durante unha visita ao Museo Pedagóxico Nacional tivo ocasión de escoitar a Manuel Bartolomé Cossío e comungou pronto cos ideais da Institución Libre de Ensino. Entre 1915 e 1919 cursou a Especialidade de Letras na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio de Madrid. Durante eses anos Sánchez aloxouse na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu. Dende alí puido colaborar máis directamente coa ILE.
Entre 1920 e 1925 Sánchez Arbós traballou en La Laguna (Tenerife) na Escola Normal e no Instituto de Bacharelato. En 1926 incorporouse á Escola Normal de Huesca onde permaneceu até 1930. Ese ano trasladouse a Madrid ao colexio Menéndez Pelayo e tres anos despois, como directora, ao Grupo Escolar Francisco Giner, onde ficou até 1936.
Ao finalizar a Guerra Civil Española Sánchez, coma outros mestres da República, foi vítima das depuracións e encarcerada durante tres meses en 1939 no cárcere de Ventas. Durante este período conseguiu que na sección de menores se crease unha escola para as presas máis novas, bautizada como Escola de Santa María. Tamén axudou á súa amiga Matilde Landa na creación dunha "oficina de penadas" que daba apoio legal ás reclusas. O único mobiliario con que contaban eran uns caixóns de madeira e unha máquina de escribir.[3]
En 1941, tras ser xulgada por un tribunal militar, foi expulsada do corpo de mestras. Non foi rehabilitada até 1952.
En 1953, tras un breve paso pola escola de Daganzo de Arriba (Provincia de Madrid), María volveu a Madrid para incorporarse ao Instituto Isabel la Católica. Alí prestou servizo até a súa xubilación en 1959.
Recoñecementos
editarEn 2017 o Concello de Madrid dedicoulle unha rúa no barrio de Valdezarza (distrito de Moncloa-Aravaca), en recoñecemento do labor pedagóxico das mestras da república.[4][5]
Notas
editar- ↑ Juan Borroy, Victor M. (17 de marzo de 2014). "Estudio monográfico de María Sánchez Arbós". "Rolde. Revista de cultura aragonesa" nº 89, octubre-noviembre de 1999; páginas 12-21. Consultado o 4 de marzo de 2017.
- ↑ Juan Borroy 1999.
- ↑ Martínez de Pisón, Ignacio (18 de setembro de 2005). "Historia de dos maestras". El País (en castelán) (Prisa). ISSN 1134-6582. Consultado o 224 de novembro de 2021.
- ↑ "Comisionado plantea definitivamente cambiar 52 calles tras 80 alegaciones de las Juntas de Distrito". La Vanguardia (en castelán) (Madrid). EFE. 27 de abril de 2017. Consultado o 30 de maio de 2020.
- ↑ "Madrid ya cuenta con un callejero oficial que cumple con la ley de Memoria Histórica". elDiario.es (en castelán) (Madrid). 31 de maio de 2017. Consultado o 9 de setembro de 2022.
Publicacións
editar- 1961: Mi diario. México: [s. n.], 1961 (Tipografía Mercantil). Reeditado en 1999 e 2006 en Zaragoza (España) pola Caja de Ahorros de la Inmaculada, cunha introdución de Victor M. Juan Borroy e Antonio Viñao Frago)
- 1977: "Recuerdos de una maestra". En En el centenario de la Institución Libre de Enseñanza (pp, 19-21). Madrid: Tecnos.
- 2007: Una escuela soñada: textos. Edición e estudo introdutorio de Elvira Ontañón e Víctor M. Juan Borroy. Madrid: Biblioteca Nueva.
Bibliografía
editar- Álvarez de Miranda, Pedro (11 de novembro de 1976). "La última enseñanza de María Sánchez Arbós". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2015.
- Araque Hontangas, Natividad (2007). "Pedagogía de una maestra, adelantada a su tiempo". FAISCA. Revista de Altas Capacidades (en castelán) 12 (14): 130–152. ISSN 1136-8136. Consultado o 5 de decembro de 2015.
- Castro, Antón (18 de maio de 2006). "La mirada de una maestra" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2015.
- "Sánchez Arbós, María". Gran Enciclopedia Aragonesa. Zaragoza: El Periódico de Aragón. 2000. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015.
- González Pérez, Teresa (setembro - decembro de 2011). "Educación y fronteras: María Sánchez Arbós y su lucha por la renovación pedagógica en Canarias (1920-1925)" (PDF). Revista de Educación (en castelán) (356): 431–455. ISSN 0034-8082. Consultado o 5 de decembro de 2015.
- Juan Borroy, Victor M. (outubro - novembro de 1999). "María Sánchez Arbós: Una maestra aragonesa en la edad de oro de la pedagogía". Rolde. Revista de Cultura Aragonesa (en castelán) (89): 12–21. ISSN 1133-6676. Arquivado dende o orixinal o 9 de agosto de 2013. Consultado o 5 de decembro de 2015.
- Martínez de Pisón, Ignacio (18 de setembro de 2005). "Historia de dos maestras". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2015.
- Martínez Medrano, Eulalia (1980). María Sánchez Arbós: Una maestra oscense (1889-1976) (en castelán). Zaragoza: Anubar. ISBN 8470131745.
- Romeo Pemán, Carmen; Álvarez Roche, Gloria; Baselga Mantecón, Cristina; Gaudó Gaudó, Concha (2010). "Biografías y calles: Sánchez Arbós, María". Callejero: la Zaragoza de las mujeres (PDF) (en castelán). Zaragoza: Ayuntamiento de Zaragoza, Área de Servicios Públicos y Acción Social. ISBN 9788480695350. Consultado o 5 de decembro de 2015.
- Sancho García, Isabel (2011). Vida de María Sánchez Arbós (en castelán). Madrid: Eila. ISBN 9788493835668.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Sánchez Arbós |