María Rosario Aida Méndez Miaja

científica galega


María Rosario Aida Méndez Miaja, nada en Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1930, é unha científica galega.

Infotaula de personaMaría Rosario Aida Méndez Miaja
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , científica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4448577

Traxectoria editar

En xuño de 1956 presenta a súa tese de doutoramento Contribución al estudio de los alcaloides en los Adenocarpus, dirixida por Ignacio Ribas Marqués, sendo unha das primeiras teses lidas na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou no Instituto Nacional de Química y Física (Edificio Rockefeller) en Madrid e no Instituto de Productos Lácteos do CSIC en Arganda del Rey.

En 1991 é nomeada como funcionaria de carreira da escala de Profesores de Investigación do CSIC, no Instituto de Estudios Avanzados de las Islas Baleares (Palma de Mallorca).

Destacou polas súas publicacións no ámbito da Bibliometría en España.

Obras editar

Méndez Miaja, M.R.A. (1993). Dinámica de la investigación multidisciplinar sobre nuevos materiales en España: un análisis bibliométrico. Madrid: CINDOC. ISBN 8400073452

Véxase tamén editar

Bibliografía editar