María Rey

xornalista e presentadora de televisión galega

María Fernández Rey, coñecida como María Rey, nada en Vigo o 21 de marzo de 1967,[1] é unha xornalista e presentadora de televisión galega.

Infotaula de personaMaría Rey

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Tomiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Campo Vidal Editar o valor em Wikidata
PaiJosé Luis Fernández Lorenzo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos tres anos trasladouse coa familia a Tomiño. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid comezou a traballar na emisora de Vigo da Cadena SER. Logo pasou a TVE onde dirixiu os servizos informativos do centro territorial de Madrid. Logo incorporouse ao departamento de televisión da Agencia Efe e en 1992 regresou a Antena 3 para presentar o informativo da fin de semana canda Roberto Arce e a edición diaria, con Pedro Piqueras.

En 1996 pasou a Antena 3, onde se fixo cargo da información parlamentaria. Paralelamente preside a Asociación de Periodistas Parlamentarios dende ese mesmo ano. A partir de 2012 comezou a colaborar coa edición española do Huffington Post.

Vida persoal editar

Está casada desde 1998 co xornalista Manuel Campo Vidal.[2] É filla de quen chegou a ser alcalde de Tomiño José Luis Fernández Lorenzo durante máis de dúas décadas.

Galardóns editar

  • Premio «Luis Carandell» de Xornalismo Parlamentario (2013)[3]
  • Premio Antena de Prata de TV (2019)[4]

Notas editar

  1. Villacastín, Rosa (2020-04-18). Diez Minutos, ed. "María Rey, el éxito de una profesional de la información seria y rigurosa" (en castelán). Consultado o 2022-01-22. 
  2. BODA DE MARÍA REY Y CAMPO VIDAL
  3. Administración do Senado: "IX edición del Premio «Luis Carandell» de periodismo parlamentario" (PDF). Boletín Oficial de las Cortes Generales núm. 195, de 29 de maio de 2013: 7. ISSN 2172-9794. 
  4. Juan Pablo Colmenarejo y María Rey, premiados con las XXVII Antenas de Plata