Abrir o menú principal

TraxectoriaEditar

Durante os primeiros anos da súa carreira académica realizou investigacións no campo da dialectoloxía do grego antigo 1 (dialecto argólico). Tras un longo período de investigación posdoutoral en Alemaña (Universidade de Tübingen) especializouse finalmente en Lingüística Indoeuropea. Mª Pilar Fernández traballou no catro ramas principais da lingüística comparada das linguas xermánicas antigas: gótica, alemá, anglosaxoa e escandinava. De todas elas elaborou manuais universitarios de iniciación 2, manuais que a converteron en figura senlleira no campo da divulgación destes idiomas e das súas literaturas no ámbito universitario hispánico. Tamén publicou traducións, antoloxías, edicións bilingües de textos fundamentais 3, realia 4 e edicións de textos on-line 5. Outra faceta do seu traballo son os estudos de sintaxe histórica 6, contrapunto teórico ao resto da súa produción. Nas obras que produciu sobre as linguas xermánicas é de notar:

  • Enfoque indoeuropeísta da problemática desta rama de linguas, oposta ao soamente xermanista que imperaba na universidade española até a súa chegada.
  • Estudo global: anteriormente ao traballo desta investigadora as linguas gótica, antigo alto alemá e escandinava (islandés antigo) apenas obtiñan un tratamento que non fose só superficial. A orixinalidade do seu traballo consiste, principalmente, nunha eficaz chamada de atención sobre dous campos do saber moi inxustamente esquecidos polo mundo académico español e hispanoamericano.
  • Mª Pilar Fernández recoñece que o seu enfoque á hora de enfrontar a obra académica é infrecuente no ámbito da lingüística indoeuropea: concibe este traballo como obra colectiva, e esa é a causa pola que case todas os seus libros sexan labor compartido con outros investigadores, quen xeralmente achegan a visión teórica que complementa a súa, eminentemente práctica.

Luís Michelena e Antonio Tovar foron sempre as súas figuras de referencia e recoñecidos mestres: en definitiva a obra desta autora é un esforzo por continuar a tradición que eses dous grandes xenios da lingüística histórica comezaron décadas atrás na Universidade de Salamanca.

ObraEditar

Estudos de dialectoloxía gregaEditar

  • "El argólico occidental y oriental en las inscripciones de los siglos VII, VI y V a. C.", Studia Philologica Salmanticensia 3, 1979, 265-268.
  • "El sistema de vocales largas en los dialectos argólicos", Habis 11, 1979-80, 9-16.
  • El argólico occidental y oriental en las inscripciones de los siglos VII, VI y V a. C (tese de doutoramento), Universidade de Salamanca, 1981 (271 páxs.).
  • "Alargamientos compensatorios y contracciones isovocálicas en las inscripciones del argólico occidental y oriental posteriores al s. V a. C.", Habis 12, 1981, 9-22.
  • "Notas lingüísticas sobre una inscripción arcaica de Tirinte", Habis 17, 1986, 9-20.

Manuais de iniciación ás linguas xermánicas antigasEditar

  • Manual de Antiguo Alto Alemán, Universidade de Salamanca, 1988 (392 páxs.).
  • Manual de Lengua Gótica, Universidade de Salamanca 1988 (2º edición revisada) (263 páxs.) (en colaboración con A. Agud).
  • Antiguo Inglés. Estudio histórico-comparativo de las lenguas germánicas occidentales antiguas, Consejo Superior Investigaciones Científicas, Madrid, 1995 (513 páxs.) (en colaboración con C. Montes-G. Rodríguez) .
  • El antiguo islandés. Historia y lengua, Ediciones Clásicas, Madrid, 1999 (361 páxs.).

Traducións e edicións bilingüesEditar

  • Traducción del Heliand antiguo sajón al español , Ed. Marcial Pons, Madrid, 1996 (353 paxs.) (en colaboración con Carlos Búa-I. Juanes).
  • Saga de los habitantes de Eyr, Ed. Tilde,Valencia, 2000 (166 paxs.) (en colaboración con T. Manrique).
  • Antología de la Literatura Nórdica Antigua (Edición Bilingüe), Universidade de Salamanca, 2002 (409 páxs.) (en colaboración con T. Manrique).
  • Las leyes del Gulathing, Universidade de Salamanca, 2005 (230 paxs.) (en colaboración con T. Manrique).

Estudios de sintaxe histórica xermánicaEditar

  • "Neutros sujetos de verbos transitivos en gótico", Navicula Tubigensis. Studia in honorem A. Tovar, Universidade Tübingen, 1984, 127-132.
  • "Esbozo de una sintaxis dependencial del texto gótico del Evangelio de S. Marcos", Symbolae L. Mitxelena septuagenario oblatae, Universidade del País Vasco, 1985, 48-61.
  • "Orden de los constituyentes en la frase nominal en el antiguo alto alemán de Taciano", Stephanion. Homenaje a María C. Giner, Universidade de Salamanca, 1988, 29-39.
  • "El orden de los constituyentes de la frase en la versión antiguo alto alemana de Taciano", Philologica I, Homenaje a D. A. LLorente, Universidade de Salamanca, 1989, 175-182.
  • "La expresión de futuro en el Isidoro antiguo alto alemán", Studia indogermanica et palaeohispanica in honorem A. Tovar et L. Michelena, Universidade de Salamanca, 1990, 211-223.
  • "La expresión del futuro en la versión antiguo alto alemana de 'La Regla Benedictina'", Veleia 7, 1990, 381-387.
  • "Preverbation in Old Germanic Languages: A Research Method", Selim 4, 1994, 94-117 (en colaboración con C. Montes).

RealiaEditar

  • "Eyrbyggja Saga, la saga de Snorri el Godi", Kalon Theama. Estudios de Filología Clásica e Indoeuropeo dedicados a F. Romero Cruz, Universidade de Salamanca, 1999, 25-36.
  • "Sobre el poder de la palabra en las leyes medievales noruego-islandesas”, Munus quaesitum meritis. Homenaje a Carmen Codoñer, Universidade de Salamanca, 2007, 301-309.
  • “Anglo-Saxon influence on the Earliest Norwegian laws”, Multidisciplinary Studies in Language and Literature: English, American, and Canadian. In memoriam Gudelia Rodríguez Sánchez, Universidade de Salamanca, 2008, 39-48 (en colaboración con T. Manrique).
  • "El ocaso del recitador de leyes: Reflexiones en torno a la oralidad en la cultura islandesa antigua", Est hic varia lectio. La lectura en el mundo antiguo, Universidade de Salamanca, 2008, 167-179.

Edicións de textos on-lineEditar

  • Isidoro de Sevilla, De fide catholica, edición bilingüe latín-antigo alto alemán, Thesaurus of Indo-European texts and languages (TITUS), Universidade de Frankfurt (en colaboración con M. García-Bermejo).
  • A Regra Benedictina, edición bilingüe latín-antigo alto alemán, Thesaurus of Indo-European texts and languages (TITUS), Universidade de Frankfurt (en colaboración con M. García-Bermejo).
  • Taciano, a Harmonía dos Evanxeos, edición bilingüe latín-antigo alto alemán, Thesaurus of Indo-European texts and languages (TITUS), Universidade de Frankfurt (en colaboración con M. García-Bermejo).
  • Antiguo islandés: Apéndices. Thesaurus of Indo-European texts and languages (TITUS), Universidade de Frankfurt.

EditoraEditar

  • Coeditora con C. Codoñer e J. A. Fdez. Delgado de Stephanion. Homenaje a María C. Giner, Universidade de Salamanca, 1988 (254 páxs.).
  • Coeditora con los V. Bécares e E. Fdez. Vallina de Kalon Theama. Estudios de Filología Clásica e Indoeuropeo dedicados a F. Romero Cruz, Universidade de Salamanca, 1999 (364 páxs.).
  • Coeditora con F. Villar de Religión, Lengua y Cultura prerromanas de Hispania, Universidade de Salamanca, 2001 (748 paxs.).
  • Coeditora con E. Fdez. Vallina y T. Martínez Manzano de Est hic varia lectio. La lectura en el mundo antiguo, Universidade de Salamanca, 2008 (202 paxs.).

Véxase taménEditar