María Pedraza

actriz española

María Pedraza, nada en Madrid, España o 26 de xaneiro de 1996[1] é unha actriz española de cine e televisión que se deu a coñecer en 2017 protagonizando a película Amar, de Esteban Crespo, e interpretando o papel de Alison Parker na serie de Antena 3, A Casa de Papel.

Infotaula de personaMaría Pedraza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Madrid (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , bailarina de ballet , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaÁlex González (2021–2023)
Jaime Lorente (2018–2020) Editar o valor em Wikidata
IrmánsCelia Pedraza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8061858 Allocine: 772128 Rottentomatoes: celebrity/maria_pedraza Metacritic: person/maria-pedraza
Twitter: mariapedraza_ Instagram: mariapedraza_ Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende os oito anos estudou danza clásica no Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma.[2][3] A seguir, mentres continuaba coa danza, por consello da súa nai, comezou con clases de interpretación até os 18 anos.[4]

Pedraza foi descuberta na súa conta de Instagram polo director de cine Esteban Crespo, quen a convidou a realizar unha audición para escoller á actriz principal da súa ópera prima Amar tras ver as súas publicacións na rede social.[5][6] María presentouse e obtivo o papel de Laura, integrando unha repartición conformada tamén por Pol Monen, Natalia Tena, Gustavo Salmerón e Nacho Fresneda.[7][8] A película estreouse en cines o 21 de marzo de 2017.[9]

O seu segundo proxecto como actriz foi o de dar vida a Alison Parker, filla do embaixador británico en España, na popular serie de Atresmedia A Casa de Papel. A posterior compra da mesma por Netflix valeulle á actriz o recoñecemento tanto nacional como internacional.[10] Ese mesmo ano formou parte do elenco da webserie producida por RTVE para a súa plataforma Playz Se foses ti, interpretando os papeis de Alba Ruiz Alonso e Cristina Romeu. Trátase dunha serie interactiva na que os usuarios votaban semanalmente para decidir de que maneira continuaba a historia.[11][12] Esta deu lugar a un telefilme, estreado o 4 de decembro de 2017 na 1 e Pedraza interpretou o papel de Marina Nunier durante a primeira tempada da serie.[13]

A principios de 2018 foi anunciada a participación de Pedraza na segunda serie española orixinal de Netflix titulada Elite, onde comparte repartición cos actores da Casa de Papel Miguel Herrán e Jaime Lorente. Elite estreouse o 5 de outubro dese mesmo ano.[14][15] Tras finalizar a gravación da mesma, Atresmedia confirmou que a actriz sería a protagonista de Toy Boy, a súa nova ficción producida por Plano a Plano[16][17] que foi proxectada no FesTVal en Vitoria-Gasteiz e preestrenada en Atresplayer Premium en 2019. Trala súa emisión pola televisión en aberto, a serie foi estrenada tamén na plataforma online Netflix a principios de marzo de 2020.[18]

En agosto de 2019, comezou a rodaxe de El verano que vivimos, longametraxe dirixida por Carlos Sedes na que traballou con Blanca Suárez e Javier Rey entre outros.​ Estreouse o 6 de novembro de 2020.

En xuño de 2020, informouse que Pedraza protagonizará, xunto a Karra Elejalde, unha nova comedia de Fernando Colomo titulada Poliamor para principiantes, e que comezaba a rodaxe.

Ademais, entre setembro e outubro de 2020 rodou a película ¿A quién te llevarías a una isla desierta?, dirixida por Jota Linares e para Netflix, plataforma coa que a actriz repite tras Elite.[19] A cinta presentouse na XXII edición do Festival de Málaga e a súa estrea realizouse o 12 de abril de 2019.[20]

En decembro de 2020, participou no videoclip Que se joda todo lo demás da cantante Alice Wonder.[21]

Filmografía editar

Películas editar

Películas
Ano Título Papel Director(a) Notas
2019 ¿A quién te llevarías a una isla desierta? Marta Jota Linares Papel principal
2017 Si fueras tú: la película Alba Ruiz Alonso / Cristina Romeu Joaquín Chamas TV-Movie

Papel principal

Amar Laura Esteban Crespo Debut actoral

Papel principal

2020 El verano que vivimos Adela Carlos Sedes
2021 Poliamor para principiantes Javier Colomo

Series editar

Series
Ano Título Papel Cadea/Plataforma Notas
2019 Toy Boy Triana Marín Antena 3 13 episodios
2018 Élite Mariña Nunier Osuna Netflix 8 episodios
2017 Si fueras tú Alba Ruiz Alonso / Cristina Romeu Playz Webserie

8 episodios

La Casa de Papel Alison Parker Antena 3 15 episodios

Notas editar

  1. "María Pedraza". imdb.com (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  2. Serrano, María (29 de marzo de 2019). "María Pedraza gana mil seguidores en Instagram cada hora". telva.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  3. Redacción (21 de xaneiro de 2019). "¿Quién es María Pedraza? Fotos de Instagram, biografía, trayectoria, novio y todo sobre la actriz española". elcomercio.pe (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  4. Redacción (9 de xuño de 2017). "María Pedraza, la bailarina que se convirtió en actriz". mujerhoy.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  5. Ossorno, Mirena (3 de xuño de 2017). "María Pedraza, la ‘instagrammer’ que se convirtió en actriz". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  6. Pereda, Olga (2 de febreiro de 2018). "María Pedraza: de Instagram al cine". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  7. ‘Amar’ a María Pedraza, a estrela de cine que naceu en Instagram O Mundo. Consultado o 2 de abril de 2018.
  8. Esteban Crespo: "Amar é unha película sobre o paso á madurez" Fotogramas. Consultado o 2 de abril de 2018.
  9. Aller, María (19 de marzo de 2017). "ESTEBAN CRESPO: "'AMAR' ES UNA PELÍCULA SOBRE EL PASO A LA MADUREZ"". fotogramas.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  10. Redacción (31 de marzo de 2017). "María Pedraza es Alison Parker". antena3.com (en castelán). Consultado o 31de xaneiro de 2021. 
  11. Gómez, Rosario G. (7 de decembro de 2017). "Series interactivas para conquistar a los jóvenes". elpais.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  12. Onieva, Álvaro (11 de setembro de 2019). "'SI FUERAS TÚ', LA SERIE INTERACTIVA DE TVE EN LA QUE EL ESPECTADOR DECIDE EL CAMINO". fotogramas.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  13. Navarro, Sergio (8 de decembro de 2017). "María Pedraza: "Quizás 'Si fueras tú. La película' hace entender cosas que no se entendían con los capítulos"". formulatv.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  14. Redacción (22 de xaneiro de 2018). "Netflix presenta el reparto de Élite, su segunda serie española". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de2021. 
  15. Puig, Francesc (5 de outubro de 2018). "‘Élite’: Netflix quiere el nuevo fenómeno adolescente". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  16. Degorgue Alegre, Vilma (15 de marzo de 2019). "'Toy boy': Cinco 'strippers' conquistarán las noches de Antena 3". diezminutos.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  17. Redacción (24 de outubro de 2018). "'Toy Boy': La nueva serie de Antena 3 comienza su rodaje y desvela sus primeras imágenes". formulatv.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  18. Sisí Sánchez, Alberto (31 de marzo de 2020). "'Toy Boy': por qué la última serie de María Pedraza está teniendo una segunda vida en Netflix". vogue.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  19. Silvestre, Juan (11 de setembro de 2019). "‘¿A QUIÉN TE LLEVARÍAS A UNA ISLA DESIERTA?’, NUEVA PELÍCULA ESPAÑOLA ORIGINAL DE NETFLIX". fotogramas.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  20. Aller, María (12 de abril de 2019). "'¿A QUIÉN TE LLEVARÍAS A UNA ISLA DESIERTA?', LA CARTA DE AMOR (Y ODIO) A TODA UNA GENERACIÓN". fotogramas.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  21. Villacañas, Javier (11 de decembro de 2020). "Alice Wonder, dramática e incontenible, estrena "Que Se Joda Todo Lo Demás" con un videoclip a la altura". cadena100.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar